Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

VIAXE FIN DE CURSO 2º ESO - CAMPING DEVA GIJÓN

Os días 19, 20 e 21 de xuño o alumnado de 2º ESO realizamos a viaxe fin de curso ao Camping de Deva en Gijón. A cal resultou ser unha actividade dende a coordinación de CONVIVENCIA, co obxectivo de crear un ambienta positivo para toda a comunidade educativa, relacións construídas dende o respecto, a aceptación das diferenzas e as opinións de todos dende un plano de IGUALDADE, isto foi traballado ao longo de todo o curso 2022/23. Todo isto axudado dende actividades deportivas na viaxe (xogos no camping, veladas nocturnas, roteiros pola contorna, yincana pola cidade de Gijón).

Damos grazas a todo o profesorado que fixo posible esta gran viaxe que sempre teremos nas nosas retinas!

1º ESO NO AQUAPARK DE CERCEDA

Neste final de curso o alumnado de 1º ESO fixemos excursión ao Aquapark de Cerceda, onde puidemos gozar dentro e fóra da auga, movernos e así mantendo días activos para a mellora da nosa saúde

Moitas grazas aos profes que nos acompañaron para que isto sexa posible!

I TORNEO INTERCENTROS RUGBY CINTA - CULLEREDO

O 15 de xuño celebrouse en Acea da Ama o I TORNEO INTERCENTROS DE RUGBY CINTA, unha gran iniciativa que nos serviu de peche final de actividades deste curso 2022/23 co alumnado de 2º ESO

Celebrouse no campo de rugby da Laboral, participamos 3 centros: IES Isaac Díaz Pardo, IES Monelos, IES EBA. 

Todos/as gozamos moito dunha gran mañá onde grazas aos diferentes colaboradores (FGR, Concello Culleredo, FER, Dxte Muller, CRAT Coruña) isto foi posible.

Esperemos seguir con esta iniciativa e que cada vez sexamos máis!!! 

 

PROXECTO "CAMPAÑA DXTESCOLAR"

Este ano o IES EBA participamos na CAMPAÑA DXTESCOLAR, un proxecto que dou comezo este curso 2022/23 e surxe da iniciativa de Editorial La Capital a través do seu diario deportivo DxT Campeón, para difundir a necesidade de que todas as persoas “se movan” e, especialmente a poboación escolar. Polo que o noso IES entraba na categoría mellor centro público de ensinanza secundaria obrigatoria na promoción e desenvolvemento do deporte escolar

E tras un longo ano de  actividades, co obxectivo de ser un "centro activo e en movemento", o 27 de maio tivemos unha chamada a cal nos recoñecía como un dos mellores centros nesta 1ª campaña.

Dando grazas a todos/as Editorial La Capital - Dxt Campeón e tamén a JIM SPORT, o cal premiou con material deportivo para seguir conquistando co deporte ao noso alumnado.

Moitas grazas pola iniciativa, seguiremos participando!!

FINAL LIGA INTERNA FÚTBOL SALA 3º ESO

O 12 de xuño chegou a tan esperada FINAL da liga interna de FÚTSAL de 3º ESO, os finalistas gozamos dunha gran competición. Parabéns aos campións, pero todos/as debemos ser gañadores/as por toda a actuación que tivemos durante a liga, facendo que isto fora posible.

Dar as grazas dunha forma especial os/as árbitros que se formaron este curso, para que todo fora máis fácil!!

Moitas grazas por esta final, e sobre todo ao profesorado colaborador, que o fixeron dunha forma interdisciplinar!! 

 

RECOÑECEMENTO AOS ÁRBITROS/AS FORMADOS NO CURSO 2022/2023

O 7 de xuño tivemos un gran evento, ENTREGA DOS DIPLOMAS AOS NOVOS ÁRBITROS/AS DO IES EBA. Un gran recoñecemento a todos/as pola formación e prácticas levadas a cabo durante este curso escolar. 

Debemos de agradecer en todo momento aos que fixeron isto posible: Presidente do Comité de árbitros de Galicia, Rubén Eiriz (Coordinador do Comité de árbitros), Eugenia Gil (árbitra profesional), Fabián (árbitro profesional), Técnico de deportes do Concello de Culleredo, Cristina Pardo (1ª Tenente de Alcalde Concello Culleredo), ANA (Técnica de Xuventude do Concello Culleredo).

MOITAS GRAZAS pola iniciativa!!

  

LIGA INTERNA TENIS DE MESA

No 3º trimestre o alumnado de 3º e 4º ESO participamos na liga interna de TENIS DE MESA, coa colaboración na elaboración da liga co departamento de Xeografía e Historia axuda do profesor Brenlla. E como resultado final o gañador desta liga tan emocionando foi o compañeiro de 3ºC – HUGO DÍAZ.

NORABOA HUGO!!

ROTEIRO PENEDOS DE PASARELA - TRABA CON 1º BACHARELATO

O pasado 8 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato realizamos o ROTEIRO Xeográfico-Xeolóxico polos Penedos de Pasarela-Traba acompañados de profesorado dos departamentos de Educación Física, Xeografía-Historia e Bioloxía-Xeoloxía. O bo tempo permitiu gozar da beleza e grandiosidade deste monumento natural.

Grazas a todos/as por acercarnos a lugares tan espectaculares, natureza en Galicia!!

LIGA INTERNA DE FÚTSAL 3º ESO

E por fin chega a nosa LIGA INTERNA DE FÚTSAL, os de 3º ESO estaremos durante o 3º trimestre desfrutando nos recreos dunha sana competición, para todo isto contamos coa axuda organizativa de varios departamentos, así como un nomeamento particular a Raúl Sar e Brais Carrillo de 3º D, os cales levaron o seguimento da competición en resultados, de cara á clasificación final.

Tamén contamos cos árbitros xa formados neste curso, grazas ao Comité de Árbitros (Rubén Eiriz) e a Concello de Culleredo.

Toca gozar nos recreos activos co que máis nos gusta!!

 

CARNE CULTIVADA E AZÚCARES NA ALIMENTACIÓN

Ao longo do 3º trimestre na materia de BIOLOXÍA E XEOLOXÍA o alumnado de 1º ESO estivemos investigando os prexuizos da carne artificial/cultivada, a cantidade de azucre nos alimentos, e elaboramos a pirámide de alimentos co obxectivo de fomentar un consumo máis saudable, incidindo nos beneficios de froitas e verduras en comparación aos ultraprocesados.

Distribuir contenido