Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

ROTEIRO SEIXO BRANCO E FÁBRICA DE SARGADELOS

O 24 de abril o alumnado de 3º ESO, realizamos unha saída a través dun traballo interdisciplinar das materias de Bioloxía, EPVA e Educación Física, na que ampliamos contidos sobre o que estábamos traballando coas diferentes materias. 

A saída consistía na visita á Fábrica de Sargadelos e deseguida o Roteiro do Seixo Branco, o cal nos mostrou  unhas paisaxes incribles. Ademais realizar este tipo de actividades podemos dicir que ten grandes beneficios: mellora o estado de ánimo e combate a tensión, a ansiedade, depresión. Ademais de conectar coa natureza é algo que nos achega enerxía. 

Ademais puxemos en práctica a App WIKILOC  que traballamos en Ed. Física para o seguemento de roteiros, gravación dos mesmo, e así poder compartir cos amigos e familiares lugares que merecen a pena visitar. 

Grazas por organizar estas actividades con grandes ensinanzas para a mellora dunha vida máis saudable!!

ALIMENTACIÓN SAUDABLE CON FROITAS E VERDURAS DE TEMPADA - 3º ESO

No mes de marzo o alumando de ESO, na materia de Bioloxía, puidemos comprobar  FROITAS E VERDURAS de tempada. Comprobamos que os beneficios eran múltiples: axuda a reducir o impacto ambiental (minimizando as emisións de CO2), respecta o ciclo natural da produción, minimiza o desperdicio doméstico das froitas e verduras…

Por outro lado, podemos ver como estamos traballando sobre unha ALIMENTACIÓN SAUDABLE, xa que istos alimentos teñen grandes vantaxes: teñen máis sabor e nutrientes, máis ecolóxicas para o noso sistema,  axuda a previr enfermidades…

CLUB ESGRIMA CORUÑA NO IES EBA

Ao longo do mes de marzo tivemos a posibilidade de coñecer un novo deporte “A ESGRIMA”, grazas ao Club Coruña, o cal estivo dando a coñecer este deporte en todos os cursos dende 1º ESO ata 1ª BAC.

A esgrima trae consigo grandes beneficios: mellora da forma física e o desenvolvemento psicomotor en xeral (forza, velocidade, coordinación, flexibilidade, resistencia). Ademais de ser un deporte no que se fomenta o respecto dentro e fóra de competición, a disciplina… e moitos valores máis que nos ensinaron os grandes profesionais que viñeron ao centro.

Moitas grazas CLUB ESGRIMA CORUÑA!

 

FINAL DA LIGA INTERNA DE FÚTSAL DE 1º E 2º ESO

O 28 de marzo chegou a tan esperada FINAL da liga interna de FÚTSAL de 1º e 2º ESO, os finalistas desfrutamos deste momento tan especial, pero tamén vimos como os espectadores estaban gozando, dando ánimos e axudando a que entre todos/as nos respectamos tanto dentro como fóra do campo.

Dar as grazas dunha forma especial aos árbitros/as que se formaron este curso, para que todo fora máis fácil!!

Moitas grazas por esta final, e sobre todo ao profesorado colaborador, que o fixeron dunha forma interdisciplinar!! 

 

VISITA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DA CONTORNO - 1º DE BACHARELATO

No mes de marzo o alumnado de 1º de Bacharelato, tivemos a oportunidade de visitar o Complexo deportivo de Acea Da Ama, co obxectivo de poder ver instalacións deportivas que ofrece a nosa contorna para mellorar a saúde de todos/as. Por outro lado, como toda actividade complementaria amplía os contidos da materia de Educación Física en "adestramento persoal", polo que tivemos unha sesión de adestramento na zona do ximnasio.

Moitas grazas ao Complexo de Acea da Ama por abrirnos a porta cara a unha vida activa!!

VISITA CASTRO DE ELVIÑA CON 1º ESO

A semana do 13 ao 16 de marzo, o alumnado de 1º ESO tivemos a oportunidade de facer unha visita ao Castro de Elviña, os cales nos organizamos en diferentes días por grupos. Grazas a esta saída, agora podemos levar a familiares, amigos e explicarlle un pouco máis deste poblado.

E como non pode faltar a actividade física nos nosos días, podemos facer unha ruta camiñando ata o Castro.

Moitas grazas ao profesorado implicado!!!

VIAXE ACTIVA CO ALUMNADO DE 4º ESO - PORTUGAL

Do día 20 ao 23 de Marzo, o alumnado de 4º ESO viaxamos a Portugal, puidemos desfrutar dunha gran viaxe organizada por diferentes departamentos, este traballo interdisciplinar tanto cultural, deportivo ... isto é o que marca a diferenza!

Debemos dar as grazas unha vez máis a todo o profesorado, ao gran equipo que fixeron para facer posible a viaxe a Portugal!!

 

 

2ª XORNADA 2º ESO A-B-F - DOS DEPORTES NA NATUREZA CO ALUMNADO DE 1º C.M. GUÍA DO MEDIO NATURAL E O TEMPO LIBRE DO CIFP Universidade Laboral (Culleredo)

O mércores 22 de marzo, volvemos a repetir xornada co alumnado de 1º C.M. DE GUÍA DO MEDIO NATURAL E O TEMPO LIBRE do CIFP Universidade Laboral (Culleredo), pero nesta nova xornada participamos o alumnado de 2º ESO dos grupos A-B-F. E experimentamos as actividades no medio natural: ORIENTACIÓN - ESCALADA - DEPORTES TRADICIONAIS. 

De novo aproveitamos para dar as grazas a CIFP Universidade Laboral ao profesorado que fixo posible esta xornada - Xurxo, Lucía e Diego!!

 

1ª XORNADA 2º ESO D-C-E - DOS DEPORTES NA NATUREZA CO ALUMNADO DE 1º C.M. GUÍA DO MEDIO NATURAL E O TEMPO LIBRE DO CIFP Universidade Laboral (Culleredo)

O martes 21 de marzo, o alumnado de 2º ESO grupos D-C-E, desfrutamos dunha auténtica xornada de deportes na natureza: ORIENTACIÓN, ESCALADA, DEPORTES DE TEMPO LIBRE. Xornada diferente xa que o alumnado de 1º C.M. DE GUÍA DO MEDIO NATURAL E O TEMPO LIBRE do CIFP Universidade Laboral foron os nosos técnicos, impartindo as diferentes actividades. Desfrutamos moito de toda a mañá organizada por este grupo de futuros profesionais de actividades no medio natural, os cales desexamos moitísima sorte!!

Grazas a CIFP Universidade Laboral ao profesorado que fixo posible esta xornada - Xurxo, Lucía e Diego!!

 

DÍA DE RUGBY CO CRAT CORUÑA

O xoves 16 de marzo, o alumnado de 3º ESO tivemos a gran oportunidade de poñer en práctica contidos de Educación Física co Club CRAT Coruña, estamos falando do RUGBY. Gozamos dunha gran xornada no campo de Rugby da Laboral - Acea da Ama, ademais de ter a oportunidade de coñecer a un club con grandes xogadoras internacionais e poder aprender con elas.

MOITAS GRAZAS por presentarnos o voso gran deporte  CRAT Coruña!

 

 

Distribuir contenido