Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

LECTURA E FAMILIAS

LECTURA E FAMILIAS

O Equipo de Dinamización da Biblioteca está a levar ao cabo unha serie de obradoiros no marco  do programa da Consellería de Educación “Lectura e familias”.

Toda a información no blog da Biblioteca

 

O mércores 12 de abril terceira sesión. Preme na imaxe para saber máis sobre a mesma.

 

 

 

Visita da escritora Eva Mejuto


O día 13 de marzo tivemos con nós a escritora Eva Mejuto para falarnos da súa última obra "A ladroa do pazo de Meirás". Asistiu alumnado de 3º da ESO, que están a ler esta obra. Eva Mejuto é unha escritora moi coñecida para eles xa que o curso anterior tuvieron que ler outra das dúas obras, "22 segundos".

Eva Mejuto Rial é considerada unha das escritoras máis destacadas no eido literario infantil e xuvenil. Con ela non só desfrutamos dunha boa lectura senón tamén aprendemos anacos  da nosa historia.

CHARLA DE SERGIO MOURE, COMPOSITOR

CHARLA DE SERGIO MOURE, COMPOSITOR

https://sergiomoure.com/

"Componer bandas sonoras originales para cine”

Biblioeba “María Wonenburger”

xoves, 30 de marzo de 2023

AS IMAXES NO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "CHARLA DE SERGIO MOURE".  Tamén se pode acceder premendo nas imaxes

 

 

PRÁCTICAS ANATOMÍA APLICADA 2023: DISECCIÓN DE ÓRGANOS


 

Durante este segundo trimestre, o alumnado de 1° de Bacharelato de Anatomía Aplicada estivo realizando prácticas de laboratorio sobre disección de órganos, para comprender mellor os coñecementos aprendidos na clase e explorar a súa anatomía e fisioloxía e a súa implicación nos sistemas e aparellos.

Unha experiencia práctica para seguir aprendendo, e coa que continuaremos durante o último trimestre.

 

Moitas grazas á carnicería Pablo O Carballés do Mercado de Elviña por entregarnos os órganos en tan bo estado.

MÁIS IMAXES NO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "PRÁCTICAS ANATOMÍA APLICADA: DISECCIÓN DE ÓRGANOS 2023"

Tamén se pode acceder premendo na imaxe

Obradoiro motivacional sobre novas tecnoloxías da información


Obradoiro para animar ás mozas, en especial ás da comunidade xitana, a continuar con súa formación. Asistiu como convidada unha universitaria xitana que relatou a súa experiencia.

AS IMAXES NO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Obradoiro motivacional sobre novas tecnoloxías da información"

Tamén se pode acceder premendo na imaxe

 

 

Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo: CELEBRAMOS XUNTOS O ENTROIDO

Nesta ocasión foron os maiores os que prepararon unha coreografía para o alumnado de 2ºESO-E que asistiu o luns 27 de febreiro acompañado por Manuel Carril e Victor. Foi todo un luxo ser os seus espectadores, ver con que agarimo prepararan o espectáculo de Entroido, e compartir logo uns pinchos e unha boa conversa. Xa nos sentimos en casa!

Un grupo do alumnado incluso sorprendeunos indo pola tarde pola súa conta a darlles uns agasallos a unha señora do centro que estaba de cumpreanos. Cantas facetas maravillosas descubrimos dos nosos rapaces!

MÁIS IMAXESNO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo"

Tamén se pode acceder premendo na imaxe.

ENGADIREMOS MÁIS NAS PRÓXIMAS VISITAS

Charlas orientación académico-profesional 2023


Durante o mes de febreiro, o alumnado de Bacharelato, recibiu 4 sesións de orientación académico-profesional a cargo de representantes das 3 universidades galegas, e outra sobre FP e ensinos de réxime especial impartida polo especialista do Equipo de Orientación Específico en orientación vocacional da Coruña.

AS IMAXES NO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Charlas orientación académico-profesional 2023"

Tamén se pode acceder premendo na imaxe

 

 

LECTURA E FAMILIAS

LECTURA E FAMILIAS

O Equipo de Dinamización da Biblioteca está a levar ao cabo unha serie de obradoiros no marco  do programa da Consellería de Educación “Lectura e familias”.

Toda a información no blog da Biblioteca

 

O mércores 1 de marzo segunda sesión. Preme na imaxe para saber máis sobre a mesma.

 

 

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA - 11 FEBREIRO 2023

O 11 de FEBREIRO conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA. Motivo polo que durante os días 8, 9 e 10 de febreiro celebramos a “I FEIRA DA CIENCIA IESEBA”, onde destacamos a participación de toda a comunidade educativa participou nos concursos e experiencias científicas. Neste caso presentamos a proposta dende o departamento de EDUCACIÓN FÍSICA coa colaboración de alumnado dos diferentes niveis educativos.

A nosa proposta foi a seguinte para a concienciación dunha VIDA SAUDABLE:

- Medición da presión arterial.

- Medición talla e peso.

- Cálculo da porcentaxe da masa magra e graso.

- Dinamometría da presión manual.

Distribuir contenido