Evitar navegación.
Principal

Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo: CELEBRAMOS XUNTOS O ENTROIDO

Nesta ocasión foron os maiores os que prepararon unha coreografía para o alumnado de 2ºESO-E que asistiu o luns 27 de febreiro acompañado por Manuel Carril e Victor. Foi todo un luxo ser os seus espectadores, ver con que agarimo prepararan o espectáculo de Entroido, e compartir logo uns pinchos e unha boa conversa. Xa nos sentimos en casa!

Un grupo do alumnado incluso sorprendeunos indo pola tarde pola súa conta a darlles uns agasallos a unha señora do centro que estaba de cumpreanos. Cantas facetas maravillosas descubrimos dos nosos rapaces!

MÁIS IMAXESNO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo"

Tamén se pode acceder premendo na imaxe.

ENGADIREMOS MÁIS NAS PRÓXIMAS VISITAS