Evitar navegación.
Principal

Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo: Letras Galegas 2023

Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo: Recital poético con acompañamento ao teclado.

O luns, día 21 de maio, o alumnado de 1º ESO C acude ao Centro de Día acompañado pola súa titora e polo profesor de Música Lucas de Centi.

O acto ten relación coa celebración do Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica a Francisco Fernández del Riego, impulsor desta importante celebración cada 17 de maio. O motivo para a escolla desta data foi a publicación do libro Cantares gallegos de Rosalía De Castro. É por isto que os poemas que no Centro de Día foron recitados polo alumnado, e acompañados musicalmente polo profesor, pertencen a este sobranceiro poemario.

TEMOS TODAS AS IMAXESNO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo"

Tamén se pode acceder premendo na imaxe.

SEGUIREMOS ENGADINDO MÁIS NAS PRÓXIMAS VISITAS