Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

VIAXE CANTABRIA - ASTURIAS 2017

         

Comezamos a ter fotos da viaxe dos nosos alumnos de 4º ESO a Asturias e Cantabria!!

 

 

Está creado o album onde iremos engadindo as fotografías que nos fagan chegar.

Pódese acceder pulsando na imaxe.

     

VIAXE ROMA 2017

Xa temos algunha foto que nos trouxeron á volta de Roma os nosos alumnos de 1º de bacharelato e os seus profesores!!

 

 

Creamos un album onde iremos engadindo as que nos vaian enviando.

Pódese acceder pulsando na imaxe.

   

O IESEBA acada o 2º premio do concuro "Inventa en Galego con AppInventor"

    

O pasado 19 de xuño de 2017 tivo lugar no salón de actos do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta), a entrega de premios do concurso de creación de Apps para Android "Inventa en Galego con AppInventor", organizado por IGACIENCIA e co patrocinio do Concello de A Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística tivo lugar, no que o alumnado de 1º de bacharelato compartiu experiencias con compañeiros de Brión, Ortigueira, Vilagarcía e Ferrol, ademáis de cos anfitrións.

O noso centro obtivo o segundo premio por un conxunto de sete aplicacións. Unha delas, “Auxilia2”, céntrase nos primeiros auxilios e preséntase como unha app “coa que poderás salvar máis dunha vida”. A ela súmanse “Actividades alternativas”, centrada nas propostas de ocio que ofrece a cidade da Coruña, e 5 aplicacións relacionadas coa localidade de Culleredo: “Estudonde”, app educativa con información de colexios, institutos, academias e bibliotecas da vila; “Goce Culleredo”, con actividades didácticas ou de ocio; “Coffeeredo”, sobre bares e cafeterías; “Cómete Culleredo”, destinada a fomentar o turismo e a gastronomía, e “CulleSport”, que contén “todo o deporte de Culleredo nunha app”. 

Noraboa!!

 

Toda a información máis detallada no blog de Angel Acción

     

 

 

Actuación Fin de Curso Grupo de Teatro e Expresión Musical

     

O día 13 de xuño de 2017 tivo lugar a actuación de Fin de Curso do Grupo de Teatro e Expresión Musical do noso centro, formado por alumnos que cursaron a devandita materia e alumnos colaboradores, ademáis do Grupo Instrumental "Diazeuxis", formado por alumnos de 4ºESO.

Baixo a dirección do seu profesor, Julián Jesús Pérez, representaron a escena final de "Sócrates", de Enrique Llovet, "La Tierra de Jauja", de Lope de Rueda e as dúas primeiras escenas do musical "Grease", de Jacobs y Casey.

Os decorados, iluminación, escenografía e vestiario, foi deseñado por os propios alumnos.

Unha experiencia didáctica e interdisciplinar.

 
Premendo na imaxe accédese ás fotos e no cartel, ó programa

VIAXE LONDRES 2017

      

Xa están en Londres os nosos alumnos!!

Pasadeo ben rapaces!!!

 

Creamos un album onde iremos poñendo as fotos que nos vaian enviando.

Pódese acceder pulsando na imaxe.

     

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO. CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES

O Proxecto Deportivo de Centro (PDC) do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo ten como finalidade converter o centro educativo nun centro promotor de vida activa e saudable.

Máis información no seguinte link

Para ver as fotos das actividades que se levaron a cabo ó longo do curso 2016-17 preme nas imaxes

   
"Recreos Deportivos e Saudables"   "Coñece o Río Mandeo"   "RCP na Aula"
         

CURSO ITALIANO EXPRESS

   A partir do luns 12 de xuño, a profesora Paula Pazos impartirá un curso express de italiano para todos os alumnos que asistan á viaxe a Roma e que desexen adquirir uns coñecementos básicos para desenvolverse durante a súa estancia na cidade eterna.

CONCERTO FIN DE CURSO 2017

O día 25 de maio de 2017, o Departamento de Música organizou un Concerto de Fin de Curso que foi protagonizado por diversos grupos de alumnos de 3º e 4º da ESO, e mesmo por algúns alumnos do instituto que realizan estudos musicais no conservatorio.

A actividade foi acollida con moito agrado polo público asistente: alumnado, profesorado, e algúns país e nais dos nosos alumnos, que amosaron interese en que se organice para o vindeiro curso unha segunda sesión pola tarde.

Agradecemos a colaboración e o apoio do Conservatorio de Culleredo.

 

Premendo no cartel pódese acceder ó programa, e premendo na imaxe, a máis fotos

Conferencia sobre Artes Escénicas

          

O 8 de maio de 2017, o departamento de música organizou unha conferencia sobre as Artes Escénicas impartida por Xosé Manuel Rabón, coñecido director de escena e deseñador de iluminación.

A actividade foi interesante cara ao alumnado asistente, xa que o conferenciante disertou sobre as semellanzas e diferencias que existen entre as diversas Artes Escénicas (ópera, teatro, ballet, cine e televisión) e aclarou dúbidas aos alumnos que as solicitaron.

 

Premendo na imaxe pódese acceder ás fotos.

     

OBRADOIRO DE REGUEIFAS 6 abril 2017

  

Un ano máis, o alumnado de 3º da ESO, asistiu no noso centro a un Obradoiro de Regueifas, impartido por Luís Caruncho e Pinto d´Herbón. Estes artistas, acompañados de instrumentos tradicionais como o a zanfona, explicáronnos como a regueifa, con distintos nomes, se cultiva en diferentes culturas e países do mundo. Orixinariamente, chamábaselle regueifa á tarta ou pastel dos casamentos, e como espectáculo para divertir aos convidados, improvisábanse coplas irónicas que demostrasen a creatividade e o enxeño dos participantes. Como premio, ao gañador correspondíalle repartir a tarta, ficando así o nome de regueifa para eses desafíos poéticos imporovisados, que aínda se cultivan e perviven hoxe por Galiza adiante.

O alumnado, despois de coñecer as regras de composición das coplas, creou e cantou as súas propias regueifas. Este "aprender desfrutando", fixo, que un ano máis, esta actividade resultase moi instructiva e divertida, e serviu tamén para que o noso alumnado coñeza e aprecie a riquísima tradición oral con que conta a cultura galega.

O ENDL, coa colaboración da Biblioteca, organizou esta actividade.

Podedes ver máis fotos premendo na imaxe.

Distribuir contenido