Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

Día da Paz 2017

Podedes ver as fotos premendo na imaxe

Tamén podedes escoitar aquí un RAP sobre a PAZ de dúas alumnas de 4ºESO-A, Fátima e Noa.

Conferencia Alberte Santos 2017

O día 20 de xaneiro visitounos na biblioteca o escritor Alberte Santos para falar da súa obra Rebumbio de vagalumes, lida polo alumnado de 1º de Bacharelato. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua Galega.

Xa podedes ver as fotos no seguinte enlace

Nadal 2016

Para celebrar o remate do trimestre e o Nadal  organizáronse no centro as siguientes actividades:

  • Nadal de cine: O alumnado de 1º e 2º de ESO pasaron o día no centro comercial Marineda City nunha xornada de convivencia entre todos e asistindo ao visionado dunha película no cine.
  • Torneo de baloncesto, concurso de fotografía e torneo dun xogo on line  “Royal Clash ¿?” para alumnado de 3º, 4º e bacharelato. Organizaron estas actividades un grupo de alumnos colaboradores implicados en este tipo de eventos.
  • Concurso de postais, organizado polo ANPA.

 

Podedes ver fotos no seguinte enlace

ANIMACIÓN Á LECTURA 2016

O 19 de decembro os alumnos de 1º ESO acudiron á biblioteca para participar nunha actividade de animacion á lectura, en relación co libro lido en clase: El jorobado y otros cuentos de las Mil y una noches da editorial Vicens Vives. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua castelá e pola biblioteca.

OBRADOIRO CINE 3D

 

O día 9 de decembro de 2016 os alumnos de 3ºESO acudiron a pé ata o salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples do Concello para asistir á proxección da película de animación en 3D "Holy Night”

Contamos coa asistencia de Manolo Gómez, produtor e guionista, e dito sexa de paso, pai de dous alumnos do noso centro, e con Suso Cubeiro, ilustrador, que deron unha breve charla sobre a tecnoloxía 3D e proxectouse un previo de “como se fixo”.

Ó remate, un pequeno coloquio cós espectadores orientado sobre temas afíns ó contido da proxección e á divulgación da tecnoloxía 3D.

Podedes acceder dende aquí ó trailer da película, e a dúas notas de prensa, na Voz de Galicia e na Opinión.

Samaín e Contos de Defuntos 2016

O 11 de novembro celebramos o Samaín na biblioteca co alumnado de 4ºESO, con unhas actividades de animación lectora, Contos de defuntos e outros asuntos, realizada por Tropa de Trapo. A actividade foi organizada polos departamentos de Lingua castelá e Lingua galega en colaboración coa biblioteca.

Podedes ver as fotos no seguinte enlace

Día do Libro 2016

Para celebrar o Día do Libro, que este ano coincide con IV Centenario da morte de Cervantes, o alumnado de 1º ESO participou na biblioteca nunha lectura colectiva dunha adaptación de Don Quijote de la Mancha.

Ademáis, unha representación do alumnado de 4º ESO fixo unha lectura plurilíngüe -en castelá, galego, inglés, francés e alemán- do principio de El Quijote. As palabras de Cervantes escoitáronse en todo o instituto.

Máis información no blog da nosa biblioteca

Nadal de cine 2015

Neste nadal decoramos o noso IES co árbol, co Belén e coas postais do concurso organizado polo ANPA.

Ademáis houbo unha divertida saída; Claudia Priegue, alumna de 2º B, deixounos este comentario:

" O 19 de decembro de 2015 realizamos unha excursión o primeiro ciclo da ESO xunto co IES de Culleredo. Só poideron asistir os alumnos con boa conduta, é dicir, que tiveran menos de dous partes no trimestre. A iniciativa partiu do equipo de Convivencia do noso instituto.

A película elixida foi "Los juegos del hambre, Sinsajo parte II", emitiuse en Yelmo Cines de Espacio Coruña. Para a saída empregáronse bastantes autobuses, dúas salas de cine, unha para primeiro e outra para segundo. Cada clase estivo acompañada do seu titor.

A min esta experiencia gostoume moito, paseino moi ben cos meus amigos, foi un día diferente á rutina de sempre. Ir de excursión en bus cos meus amigos encantoume.

¡¡ Oxalá haia máis excursións así !! "

                                 FOTOS PARA LEMBRAR                                                                                       

VISITA ESCOLAR 2015

 VER FOTOS

 Los alumnos de Religión Católica de los grupos 3º F y 3º G de la E.S.O. del Instituto Eduardo Blanco Amor efectuaron el martes 1 de diciembre de 2015 una visita a la iglesia de Vilaboa. Esta iglesia, con planta de cruz latina y que fue consagrada el año 1964, alberga la nueva sede la parroquia de Santa María de Rutis, dedicada a la Virgen de la O o de la Esperanza, cuya fiesta litúrgica es el 18 de diciembre.

El profesor acompañante explicó a los alumnos los elementos principales de la iglesia para las celebraciones litúrgicas (altar, ambón y sede) así como el sagrario, donde se custodia a Jesús Eucaristía para su adoración y reserva para moribundos, y las diferentes imágenes dispuestas para la veneración de los fieles.

En el ámbito artístico la iglesia cuenta con varias vidrieras; las del fondo del presbiterio muestran la Anunciación , el nacimiento de Jesús y la Sagrada Familia y en las dos alas laterales a la Virgen del Carmen y a la Virgen de los Dolores. Hay también tres buenos cuadros, llenos de elementos simbólicos, del pintor Urbano Lugrís realizados el mismo año de la inauguración de la iglesia, representando el nacimiento, el bautismo y la crucifixión de Jesucristo.

Viaje a Asturias - Cantabria 2015

Fotografías del viaje a Asturias - Cantabria de nuestros alumnos de 4º de ESO

Distribuir contenido