Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

XORNADA DEPORTIVA 7 de abril 2017

 

Para rematar a segunda avaliación o alumnado do IESEBA organizou unha interesante xornada deportiva na que cabe destacar o bo clima entre xogadores e espectadores, a rivalidade e  deportividade entre os equipos.

Grazas ao esforzo e gran traballo de alumnos colaboradores ademais do bo comportamento de todos  a xornada foi un éxito.

Noraboa!!! 

 

CHARLA ALCER

O luns 27 de marzo de 2017, os alumnos de 4ºESO-A e 4ºESO-E na materia de Valores éticos organizamos unha actividade inolvidable, pois visitáronnos varios membros de ALCER Coruña: o director e dous traballadores sociais. Dous deles eran receptores de órganos doados, e sorprendeunos que un deles era un rapaz moi novo. Contáronnos a súa experiencia.

Rematamos logo grabando unha entrevista que prepararan uns alumnos voluntarios de 4ºESO-A.

Uns encargáronse das preguntas e outros dos medios audiovisuais.

  

Premendo na imaxe pódese ver ese emocionante e laborioso traballo de Simón Corbelle, Andrea Fuentes e Miguel Garcia.
Esta actividade tamén está incluída no PROXECTO SALVAVIDAS do que se pode saber máis accedendo ó seu BLOG
 

VIAXE A SANTIAGO ABRIL 2017

 

  

Xa están dispoñibles as fotos da viaxe a Santiago de Compostela dos alumnos de 2ºESO.

Pódense ver premendo na imaxe.

VISITA MUSEO BELAS ARTES CORUÑA e COCIÑA ECONÓMICA

O venres 10 de marzo de 2017, os alumnos de 4ºESO A e 4ºESO E visitaron a cociña económica e o museo de Belas Artes, actividade organizada pola sua profesora Flor Blanco, que tamén foi acompañada polas profesoras Paula Pazos e Pilar Baluja.

Para ver máis fotos, premer na imaxe.

 

     

Viaxe a Madrid

Algúns dos nosos alumnos viaxaron a Madrid entre o día 2 e o 4 de marzo de 2017, para para asistir á zarzuela.

También aproveitaron para ver o museo do Prado, e unha exposición sobre Houdini.

Esta actividade estivo organizada polo xefe de departamento de música, Julián Pérez, en colaboración con Pilar Castro e Begoña Brea.

 

Pódese ver aquí o programa completo da viaxe e aquí unha presentación de diapósitivas preparada polo seu profesor, Julián.


E tamén unha reseña publicada en La Opinión

 

Premendo na imaxe pódedes ver algunha foto máis.

  

     

 

DÍA DA MULLER

8 de marzo de 2017, Día Internacional da Muller, ás 12 do mediodía, escoitamos pola megafonía do Centro a Helena e Lucía (1ºBAC-A), e a Simón (4ºESO-A), lendo a historia desta data de homenaxe e reivindicación, e dous fragmentos de textos poéticos: o primeiro, da poeta Juana Castro, que fala sobre mulleres asasinadas pola violencia machista, e o segundo, de García Calvo, que trata do amor e da liberdade.

Se o queres ler preme na imaxe

    

     

 

ENTROIDO 2017

Este ano a organización do Entroido deu un paso máis na implicación do alumnado na organización xeral do evento: inscripcións do concurso de disfraces, decorados, sonido, montaxe do escenario, presentación do festival...

Tamén como novidade,  celebrouse un concurso de caretas.

Co fin de recaudar fondos para as excursións de fin de curso, alumnos de 4º e bacharelato fixeron dúas chocolatadas ao longo da mañá.

Os premios dos concurso de disfraces e caretas e os agasallos para participantes e colaboradores do evento correron a cargo do ANPA.

      

Preme na imaxe

para acceder ás fotos

        

 

 

 

CHARLA DOAZÓN DE ÓRGANOS E RCP

O centro de coordinación de transplantes do CHUAC brindouse a organizar para os nosos alumnos unha charla sobre a doazón de órganos.

Á devandita charla, celebrada o 23 de febreiro de 2017 no salón de Usos Múltiples do noso centro, asistiu Alex, o enfermeiro xefe do equipo de coordinación de transplantes do CHUAC. Ó médico e director do equipo non lle foi posible vir debido a que xusto ese día tivo que entrar en quirófano porque apareceu un doante.

Aproveitaron para volver a facer cos rapaces unhas práctica de R.C.P.

Esta actividade está incluída no PROXECTO SALVAVIDAS do que se pode saber máis accedendo ó seu BLOG

 

        

Pódense ver as fotos premendo na imaxe

 

 

CONCERTO CONSERVATORIO CULLEREDO

O día 21 de febreiro de 2017, alumnado de música de 3º e 4º de ESO do noso centro, ofreceron un concerto didáctico no auditorio do Conservatorio de Culleredo, organizado e dirixido polo seu profesor, Julián Pérez.

Premendo na imaxe da dereita pódese acceder ó programa, e se o fas sobre a fotografía superior verás máis fotos do día do concerto.

Tamén se pode ver no seguinte link a reseña que apareceu pubricada no diario La Opinión.

   

     

OBRA TEATRO “Tropical”

O pasado 15 de febreiro, tres grupos do centro asistiron á representación da obra de teatro "Tropical" a cargo da conpañía "Elefante Elegante" no Edificio de Servizos Múltiples do Concello de Culleredo.

Dende AQUÍ se pode acceder á información sobre a mesma.

Distribuir contenido