Curso 18-19

 

INAUGÚRANSE AS INSTALACIÓNS ARTÍSTICAS REALIZADAS POLO ALUMNADO DE 2º BACH DA AULA DE DEBUXO DA PROFESORA LUZ BELOSO SITUADAS NO RECIBIDOR

AS OBRAS REINTERPRETAN CARTEIS DE PEZAS TEATRAIS REPRESENTADAS NO MORRAZO, OS MÁIS DELES DE DIEGO SEIXO, E MOITAS DELAS DA RECOÑECIDA MARIÁN BAÑOBRE

UN TRABALLO ESPECTACULARRisa

premendo AQUÍ irás á nova do Faro de Vigo

 

 

     O venres 29 de marzo visitounos o escritor Fernando Lalana. Na súa charla o autor respondeu ás preguntas do alumnado de 2º de ESO sobre as novelas policiacas El último muerto y La tuneladora, lecturas propostas en Lingua castelá.

 

 

Resultado de imagen de fernando lalana          Resultado de imagen de fernando lalana

 

 

    Fernando Lalana non só resolveu as dúbidas sobre aspectos concretos da súa obra ou a súa biografía senón que, aproveitando as cuestións propostas polos alumnos, trasmitiunos a súa visión da literatura xuvenil e da creación literaria en xeral, con profundidade e o seu sentido do humor habitual.

 

 Resultado de imagen de fernando lalana

 

    O remate da charla dedicou e firmou exemplares das súas obras.

 

25/3 CHARLA DE YOLANDA CASTAÑO

Alumnado de 2º BACH puido gozar desta magnífica exposición sobre a poesía en galego contemporánea de mans dunha das súas protagonistas. De xeito interesante e ameno percorreu da xeración dos oitenta até a actualidade. A actividade organizouna a súa profe Iria e @s rapaces/as fixéronlle varias preguntas. 

Distribuir contido