AVISOS ADMINISTRACIÓN

CALENDARIO ESCOLAR 2023/2024

 

 

Comunicamos que os dous días non lectivos elixidos polos centros de Moaña para o curso 2023/2024  foron o 13 de outubro e o 20 de maio.

 

Teñen o enlace ao calendario escolar 2023/2024 no seguinte enlace:

https://docs.google.com/document/d/1f5KAqsW6JV-rqIFhqFA8JJyBsda_JDId/edit?usp=sharing&ouid=110358628688979383931&rtpof=true&sd=true

 

 

REUNIÓN DAS FAMILIAS CO EQUIPO DIRECTIVO

 

Pola presente, convocamos as familias a unha reunión co equipo directivo do IES As Barxas sobre as normas, organización e funcionamento do noso centro para o vindeiro xoves día 7 de setembro no noso salón de actos, a partir do seguinte horario:

17:00: Familias do alumnado de 1º e 2º da ESO

18:00: Familias do alumnado de 3º e 4º da ESO

19:00: Familias do alumnado de Bacharelato

 

Moitas grazas e benvidos a este novo curso escolar 2023/2024!

 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/24

 

Poden acceder á listaxe no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/1NxZbcK4eqCigDu8Sj6FH7qImIzQiSHo_/view?usp=sharing

ENLACE ÁS CURTAS DO FESTIVAL AUDIOVISUAL

Aquí vai o enlace ás curtametraxes do noso Festival Audiovisual da produtora Caranguexo Films. Gozádeas!

https://sites.google.com/view/empatia360barxas/inicio?fbclid=IwAR2rJY8OIY38lb-duzo5bCtjrE-UE67y8iBlds4lD3qX38ZGOgduChJ_oRk

FESTIVAL AUDIOVISUAL CARANGUEXO FILMS

E o pasado mércores tivemos o Festival Audiovisual Caranguexo Films, organizado polo alumnado de Plástica e Audiovisual coa profe Luz Beloso, con curtas marabillosas, actuacións e inmersións en vídeos 360°. O Faro tamén se fixo eco do evento. Grazas por vir!

MURAL "A TIRANÍA DA BELEZA"

O alumnado de Educación Plástica e Visual e de Debuxo Artístico da profe Luz Beloso deu por rematado o magnífico mural sobre a evolución dos canons de beleza na historia da arte. Marabilloso! #Atiraníadabeleza

EXCURSIÓN AO PARQUE ACUÁTICO DE SANXENXO PARA 3º ESO

E as e os de 3° ESO foron despedir o curso remollándose no Parque Acuático de Sanxenxo!

EXCURSIÓN DE 1º ESO ÁS ONS

O alumnado de 1° ESO foi facer unhas rutiñas o pasado martes á Illa de Ons. Viñeron morenos e encantados.

 

FESTA DA ESCUMA

O pasado mércores 21 foi un día espectacular, último día lectivo do curso 2022/2023. Agora vén o descanso e o bo tempo para aproveitalo facendo o que máis vos guste. Que sexa un verán feliz e digno de recordo. Vémonos á volta!

SABELA DEL RÍO GAÑA O SEGUNDO PREMIO DE POESÍA NO CERTAME MARÍA SOLIÑO

A nosa Sabela del Río recibindo o segundo Premio de Poesía do IES María Soliño. Que orgullo! Parabéns!

EXCURSIÓN DE 2º ESO ÁS CÍES

Na fin de curso tivemos unha excursión de fin de curso para 2º ESO ás Cíes. Chova ou non chova, quen dixo medo?

21 DÍAS EN BICICLETA

Ares, Leo e Ibai son os nosos fantásticos seguidores da campaña do @concellodemoanha 21 Días en Bicicleta. O venres, xunto aos catro valentes do @iesaparalaia, asistiron no concello ao sorteo dunha bici eléctrica para cada centro. Tamén os agasallaron cunha cazadora adecuada para protexer cada pedalada do frío e da choiva. Parabéns a tod@s @s participantes, e tamén aos gañador@s!

100% DE APROBADOS NAS ABAU

Parabéns ao noso alumnado de 2° Bacharelato polo 100% de aprobados nas probas ABAU!

Saftas.Erasmus+

Audiovisual Barxas

AVISOS ADMINISTRATIVOS

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer