Nos Medios

DIVERSIDADE LGTB E EDUCACIÓN

Orgullosxs do compañeiro Denís Vicente, que falou o día 22 sobre diversidade LGBT e educación no Concello de Moaña coa Rede Educativa de Apoio LGBT de Galicia.

PARABÉNS!

Parabéns ao noso alumnado polos magníficos resultados obtidos nas probas ABAU!

PARTICIPACIÓN NO PLENO INFANTIL DO CONCELLO DE MOAÑA

O 8 de xuño as nosas alumnas Candela Cobas, Noa Figueirido e Antía Currás representaron ao alumnado de 2° da ESO no Pleno Infantil que se celebrou no Concello de Moaña e para o que se prepararon en varias sesións sin obradoiro de participación cidadá. Fixérono estupendamente, moitos parabéns!

NOMINACIÓN AOS PREMIOS OLLOBOI!

O videoclip da canción de Ainhoa Mosquera que realizou o noso alumnado nos Obradoiros de videoclip e de produción musical está nominado ao mellor videoclip nos Premios OLLOBOI!

ENLACE AO VÍDEO RESUMO DO FESTIVAL AI, MO.S.A!

Aí vai o vídeo resumo do festival Ai Mo.S.A, onde participou na realización de varias curtametraxes o noso alumnado, da man da profesora Luz Beloso!

https://www.youtube.com/watch?v=yZb2L_2F1sE

O BACHARELATO STEM NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O 2 de xuño sae no Faro de Vigo a noticia sobre o proxecto de investigación centrado nos Ecosistemas da Ría de Vigo do noso Bacharelato de excelencia STEM.

CHARLA DE LUIS CHAPELA SOBRE A REPRESIÓN FRANQUISTA EN MOAÑA

Moitas grazas a Luis Chapela por nos vir visitar e falarlles un pouco ao alumnado de 4º ESO sobre a represión franquista en Moaña durante a Guerra e a ditadura. Unha actividade encadrada no Moaña Aprende do Concello.

O bosue animado sae no Faro de Vigo

O 31 de maio, no Faro, aparece a noticia sobre o traballo de fototrampeo do proxecto do Club de Ciencias "O bosque animado"

PARTICIPACIÓN NO FESTIVAL ESCOLAR DE CURTAMETRAXES AI MO.S.A!

O pasado sábado 22 celebrouse o I Festival de Curtas Morraso Sine de Aula (Ai Mo.S.A!) no que participou o noso alumnado con varias creacións audiovisuais, que contou coa axuda inestimable de profes coma Luz Beloso, organizadora do evento, Seso Durán ou Anna R. Figueiredo. Grazas á Concellería de Mocidade e ao Concello de Moaña por facelo posible.

 

https://www.youtube.com/watch?v=P_3ZC3V6CjA

Saftas.Erasmus+

Audiovisual Barxas

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer