Contratos programa

Contratos Programa

Os Contratos-Programa son un instrumento de apoio dirixido a centros públicos para elaborar un plan de mellora do éxito escolar do alumnado, en función das necesidades detectadas e do proxecto educativo, para o que se ofrecen as seguintes actuacións:

  • CP Innova

A iniciativa de Contratos-Programa Innova (CPInnova) trata de constituír un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan de mellora no que se permita, en función das necesidades detectadas e do proxecto educativo, potenciar, de forma prioritaria, o desenvolvemento das competencias clave, afondar no logro da excelencia educativa, incentivar o talento do seu alumnado, promover hábitos de vida saudables, impulsar unha educación para o desenvolvemento sostible e mellorar a xestión dos centros.

 

No actual curso escolar, o noso centro participa das 5 modalidades de que consta a iniciativa:

    1. EDUinnova: O centro docente como entorno innovador de aprendizaxe a través da mellora permanente.
    2. EDUexcelencia: O centro docente como promotor da excelencia a través do afondamento nun ámbito de coñecemento.
    3. EDUsaúde: O centro como dinamizador de hábitos de vida saudables.
    4. EDUsostibilidade: O centro educativo comprometido cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
    5. EDUcalidade: O centro educativo como modelo de calidade a nivel organizativo, de xestión e de funcionamento.
  • CP Inclúe

A iniciativa de Contratos-programa Inclúe (CPInclúe) constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, e en consonancia cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concretamente cos obxectivos 4 (Educación de calidade) e 5 (Igualdade de xénero), poidan desenvolver un plan de mellora no que poidan, en función das necesidades detectadas e do seu proxecto educativo, acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa.

Ao igual que no caso dos CPInnova, o noso centro participa das 5 modalidades de que consta a iniciativa:

    1. QUÉDA-T (Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar).
    2. IGUÁLA-T.
    3. CONVIVE-T.
    4. INCLÚE-T
    5. EMOCIÓNA-T
Distribuir contido