Edixgal

EVA Edixgal SIN INTERNET.

EVA Offline resulta moi útil cando non se ten a posibilidade de conectarse a internet, permitindo acceder aos contidos sen conectividade.

Os dispositivos de alumno, xa dispoñen da aplicación instalada na sección "Educación" do Escritorio Abalar.

Na guía que tes a continuación se explica como enlazar o aplicativo EVA online, como desargar contidos dos libros dixitais, acceder a eles cando non hai conexión a internet, e por último como visualizar o seguimento do alumnado.

Guía EVA offline.

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO EDIXGAL

A continuación presentamos o enlace ao folleto informativo de e-dixgal para as familias da ESO. Nel poderán obter información sobre:

- O proxecto abalar
- Características do portátil
- Conexión ás redes wifis da aula e da casa
- Responsabilidade, seguro opcional, avarías...
 
 
 
Como pode verse no folleto anterior, as familias poden contratar un seguro opcional para o portátil. Podes ver a súa cobertura no seguinte enlace: Cobertura seguro opcional.
 
Para contratar o Seguro entra no seguinte enlace: https://coberturasir.plexus.es/  
 

Abalar Móbil

 

Co obxectivo de axilizar as comunicacións coas familias, dende o IES AS BARXAS, propoñémoslle aos PAIS/NAIS de alumnos que instalen nos seus teléfonos móbiles a aplicación ABALAR MÓBIL, coa que poderán recibir comunicación do centro de xeito máis inmediato (faltas de asistencia, xustificar as faltas de asistencia, faltas de conducta, concertar citas co titor/a e cualificación dos seus fillos)  

 

 

Proxecto Abalar

 

O noso participa dende o curso 2010-11 no Proxecto Abalar.

Todos os nosos alumnos da ESO dispoñen dun portátil persoal, con conexión a Internet, así como unha pizarra dixital e un cañón co que se proxectan sobre a pizarra os contidos que o profesor considedra oportuno (videos,  programas educativos, ...)

Con isto os nosos alumnos dispoñen dunha ferramenta máis coa que fixar os contidos propios da etapa ademáis de adquirir unha gran destreza no manexo dos novos medios.  

O Proxecto proporcionarlle aos TODOS OS PAIS con alumnos en primaria, secundaria, bacharelato ou ciclos formativos, información directa sobre a as faltas de asistencia dos seus fillos, notas,e incidencias no Centro. Os pais poden facer un seguimento académico dos fillos, grazas a un procedemento de comunicación directa e multicanle cos profesores e titores. Para iso basta con entrar no Espazo Abalar (espazo para as familias)

No mesmo Espazo Abalar está dispoñible para os alumnos un repositorio de contidos, con materia das distintas asignaturas. 

O Proxecto permitirá, nun futuro, novos mecanismos para traballar con estudantes que requiran unha atención especial e diferenciada. Deste xeito, posibilitará a educación a distancia, facilitando o acceso ao ensino a enfermos de longa duración (hospitalizados ou nas súas vivendas), persoas con mobilidade reducida, e estudantes con necesidades específicas. 

 

 

Espazo Abalar

Abalar Móbil

 

 

 

Outras páxinas de interés:

Saftas.Erasmus+

Audiovisual Barxas

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer