Curso 18-19

CONMEMORAMOS O DÍA PI

Un día antes do 3/14 por razóns organizativas, conmemoramos o día pi engalanando o recibidor e as escaleiras con imaxes matemáticas e realizando numerosos obradoiros no Recibidor, na Biblio e no Laboratorio. Foi alumnado de matemáticas quen fixeron de monitores/as e por elí pasaron todo 1º e 2º eso ás tres primeiras horas. Velaí unhas imaxes

 

Ademais premendo aquí irás á nova de europapress na que se recoñece un premio á profe de mates Débora  pola celebración do día pi

 

E premendo AQUÍ poderas acceder á galería con todas as fotos dos obradoiros do día PI

 

 

 

EXPO DÍA DA MULLER

Co gallo do día da muller instalouse no recibidor unha exposición artística e reivindicativa realizada por alumnado de plástica da profe Luz Beloso. As imaxes falan por si mesmas e claman conta o Patriarcado e o machismo

ENTROIDO

 

E como non, celebramos o entroido. Cada grupo presentou unha comparsa sobre o escenario e houbo moito nivel sobre todo nas coreografías e tamén música en directo. Finalemente gañaron os Anxos e Diaños na categoría da ESO e empataron Metallica e Chalecos Amarelos na dos bacharelatos

 

Distribuir contido