Curso 18-19

Pasou polo Insti o Luns 11 ás dúas horas da tarde unha auténtica galerna que non deixou nada en pé. O polifacético Xurxo Souto acudiu xenerosamente para presentar o seu libro da travesía da Chiruca Macallás ao alumnado de 4º ESO e 1º Bach no Salón de Actos, ademais de nos contar moitas historias mariñeiras dos galeg@s polos caladoiros do mundo e de cantar e tocar música e a famosa corna

MEDRE O MAR!

Ademais premendo aquí irás á noticia no Faro de Vigo

 

 

 

 

 

A mañán previa ao día da muller tivo lugar no Insti unha charla sobre introdución ao feminismo impartida polas propias alumnas do equipo de Igualdade Incomodxs e Rebeldes e coordinados polo profe Denís,  á que asistiron por quendas todos os cursos da ESO. Houbo tamén espazo para a reflexión e o debate.

 

INVISIBLES

 

Alumnado de 4º ESO de As Barxas e de Paralaia puideron asisitir a esta función da obra de teatro sobre mulleres maltratadas pola violencia machista no Salón de Actos o 25/02 e que foi posoble grazas ao Concello.

 

Distribuir contido