Curso 18-19

Plan Director

O día 24 de xaneiro os alumnos de 1º de ESO do noso centro asistiron a unha charla sobre "Acoso Escolar e Ciberacoso" . O día 25 tocoulle a  quenda aos alumnos de 4º de ESO, esta vez o tema era a  violencia de xénero.  Ambas charlas foron impartidas pola Garda Civil dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas.

EDUGAL

Este ano, e por primeira vez, o noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistiu os días 28 de febreiro e 1 de marzo ao 8º Salón da oferta de educación e formación de Galicia  (http://www.edugal.es/)  . Esperamos que a visita fose de proveito para todos.

Visita ao CUVI

Coma todos os anos, o alumnado de 2º de Bacharelato  visitou hoxe, 7 de marzo, o Campus Universitario  Lagoas-Marcosende.  Dentro dos tres itinerarios propostos visitaron as seguintes  facultades:

 Área Humanística e Xurídico-Social: Facultade de Filoloxía e  Tradución, Facultade de Ciencias Xurídicas y do Traballo, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Área Tecnológica:   Escola de Inxeniería  Industrial , ETS de Inxeniería de Minas, ETS Telecomunicacións.

Área Científica:  Facultade de Bioloxía, Facultade de Ciencias do Mar, Facultade de Química

Distribuir contido