![]() |
![]() |
![]() |
No seguinte enlace podedes ver as fotos da viaxe a Leitariegos de 2º da ESO:
https://drive.google.com/drive/folders/1vVrGkF5hNDVk9r6jKVf7RiXMK38hT-13...
Aí vai un enlace aos traballos de Geogebra do alumnado de 1° da ESO feitos durante este curso para a materia de Matemáticas:
O noso alumnado de Latín e Grego de 1º e 2º de Bacharelato, hoxe no Teatro Clásico en Tui, acompañados dos profes Beni e Isabel.
O noso alumnado de 4° da ESO foi hoxe facer unha visita ao Museo de Pontevedra, organizada polo departamento de Lingua Galega!
O pasado 10 de xaneiro veu Antía Yáñez ao noso centro e falounos de marraxos, de literatura, de Harry Potter, de latas de conservas e d`O misterio do torque de Burela, que é un libro fantástico que lle gustou moito à rapazada! Mil grazas, Antía!
O pasado venres 31 de xaneiro tivemos a sorte de contar cos amigos da Asociación Cultural Nós, que viñeron falarnos da historia de Moaña a través das súas fotos e que nos agasallaron con exemplares do seu último traballo, Historia do entroido en Moaña. Moitas grazas! Manuel Anxo Mendez, Xosé Carlos Villaverde, Xesús Cancelas Franco.
Durante o mes de xaneiro o alumnado de 2º de ESO estivo a recibir un obradoiro a cargo do Equipo de Prevención da Asociación Érguete. O Obradoiro vai encamiñado a evitar o desenvolvemento de consumo problemático de drogas e promover a adopción de estilos de vida saudables entre os adolescentes. Damos ás grazas a Érguete pola súa colaboración.
Subimos unhas fotos da excursión da semana pasada a Mérida, Trujillo, Cáceres e Salamanca organizada polo departamento de Latín e Grego para 1° e 2° de Bacharelato. Portáronse marabillosamente e aprenderon moitísimo! Foron acompañados dos profes Beni e Iria.
O pasado luns 13, ás 18:30, o psicólogo Alberto Casqueiro impartiu unha instrutiva e divertida charla para nais e pais, "Desdramatizando a adolescencia". Moitas grazas pola vosa participación!
Comezamos o ano con ganas cunha charla sobre transexualidade para 4º da ESO a cargo de Soledad Fernández, da asociación Chrysallis, que resultou ser moi emotiva e interesante. Foi organizada polo grupo Incómodxs e rebeldes. Aí van algunhas fotos:
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer