DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Curso 19-20

O QUE ARDE NAS BARXAS!

Enviado por Anónimo o Lun, 10/02/2020 - 14:40

Convidamos a todo o alumnado do noso IES e mais ás súas familias a asistir, denro da campaña "21 Días en Galego" e de balde, á proxección da película "O que arde" o xoves 13 de febreiro ás 18:00h da tarde, ata cubrir aforo.

Moitas grazas!

RECIBIMOS Á ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ!

Enviado por Anónimo o Mér, 05/02/2020 - 14:34

O pasado 10 de xaneiro veu Antía Yáñez ao noso centro e falounos de marraxos, de literatura, de Harry Potter, de latas de conservas e d`O misterio do torque de Burela, que é un libro fantástico que lle gustou moito à rapazada! Mil grazas, Antía!

CHARLA DA A.C. NÓS PARA 3º ESO

Enviado por Anónimo o Mér, 05/02/2020 - 14:31

O pasado venres 31 de xaneiro tivemos a sorte de contar cos amigos da Asociación Cultural Nós, que viñeron falarnos da historia de Moaña a través das súas fotos e que nos agasallaron con exemplares do seu último traballo, Historia do entroido en Moaña. Moitas grazas! Manuel Anxo Mendez, Xosé Carlos Villaverde, Xesús Cancelas Franco.

Non pasa nada, pasa algo?

Enviado por Anónimo o Mér, 05/02/2020 - 13:22


Durante o mes de xaneiro o alumnado de 2º de ESO estivo a recibir un obradoiro a cargo do Equipo de Prevención da Asociación Érguete. O Obradoiro vai encamiñado a evitar o desenvolvemento de consumo problemático de drogas e promover a adopción de estilos de vida saudables entre os adolescentes.  Damos ás grazas a Érguete pola súa colaboración.

EXCURSIÓN A CÁCERES, MÉRIDA, TRUJILLO E SALAMANCA

Enviado por Anónimo o Xov, 30/01/2020 - 13:41

Subimos unhas fotos da excursión da semana pasada a Mérida, Trujillo, Cáceres e Salamanca organizada polo departamento de Latín e Grego para 1° e 2° de Bacharelato. Portáronse marabillosamente e aprenderon moitísimo! Foron acompañados dos profes Beni e Iria.

Distribuir contido