ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

O  prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2024/25 será entre o 1 e o 20 de marzo. O alumnado que xa está matriculado no noso centro non ten que presentar solicitude de admisión, xa que as súas prazas están reservadas para o seguinte curso sen necesidade de realizar ningún trámite.

Máis información  

Edixgal

 

O enderezo para acceder ao EVA Online é: https://eva.edu.xunta.gal

EVA edixgal

Existe tamén unha versión Offline que resulta unha ferramenta moi útil cando non se ten a posibilidade de conectar a internet, permitindo acceder aos contidos sen conectividade. Os dispositivos, tanto de profesor como de alumno, xa dispoñen a aplicación instalada na sección "Educación" do Escritorio Abalar.

Na guía que tes a continuación se explica como enlazar o aplicativo EVA online, como descargar contidos dos libros dixitais, acceder a eles cando non hai conexión a internet, e por último como visualizar o seguimento do alumnado.

Guía EVA offline.

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO EDIXGAL

Enviado por tic.ies.asbarxas o Xov, 02/11/2023 - 21:35

 

A continuación presentamos o enlace ao folleto informativo de e-dixgal para as familias da ESO. Nel poderán obter información sobre:

- Características do portátil
- Conexión ás redes wifis da aula e da casa
- Responsabilidade, seguro opcional, avarías...
 
 
As familias poden contratar un seguro opcional para o portátil. Podes ver a súa cobertura no seguinte enlace
 
 
Distribuir contido