STEMbach

 

O STEMbach ou Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía promove a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica e permite unha conexión directa co ensino universitario.

Ten unha duración de dous cursos académicos e pode incorporarse a el o alumnado de calquera das modalidade de Bacharelato. Os participantes desenvolverán un proxecto de investigación, no segundo curso do Bacharelato, relacionado con calquera ámbito de coñecemento das materias cursadas na etapa, que estará co-dirixido por un docente pertencente a un departamento universitario ou entidade de investigación de Galicia e do que o alumno realizará unha defensa do traballo en sesión pública.

 Proxectos 2022-2024

  • Eco-adsorbentes baseados en esferas de alxinato de calcio. Facultade de Química (Universidade de Vigo)
  • Cociña molecular. Facultade de Química (Universidade de Vigo)
  • A tecnoloxía das membranas como vía de recuperación dos deterxentes naturais. Facultade de Química (Universidade de Vigo)

 Proxectos 2023-2025

  • Eliminación de metais pesados en augas residuais mediante eco-adsorbentes esferificados. Facultade de Química (Universidade de Vigo)
  • Reciclado na industria téxtil: recuperando auga e colorantes. Facultade de Química (Universidade de Vigo)
  • Semellanzas e diferenzas entre a xeometría das superficies plano, cilindro e esfera. Facultade de Matemáticas (Universidade de Santiago de Compostela)

 

Máis información:

Proxectos StemBach da Univesidade de Vigo

Proxectos StemBach da Universidade de Santiago

 
Distribuir contido