ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

O  prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2024/25 será entre o 1 e o 20 de marzo. O alumnado que xa está matriculado no noso centro non ten que presentar solicitude de admisión, xa que as súas prazas están reservadas para o seguinte curso sen necesidade de realizar ningún trámite.

Máis información  

Programas lingüísticos

 

    • Seccións bilingües.

Este programa supón a organización do ensino dunha área ou materia non lingüística que se cursa dun xeito bilingüe nunha lingua cooficial e nunha lingua estranxeira utilizada como mínimo durante o 50 % do horario. 

O centro conta con seccións bilingües nas materias de Música en 2º e 3º de ESO, que son impartidas en inglés.

    • Auxiliares de conversa.

Trátase dun programa complementario de apoio e colaboración de profesorado nativo para posibilitar a práctica da conversa oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e achegar ao alumnado e profesorado á cultura do seu país.

No actual curso escolar, o centro conta cun auxiliar de conversa en lingua inglesa.

    • Programa EduExchanges.

EduExchanges é un programa de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países.

Durante o curso 2023/24 o noso centro foi seleccionado na Modalidade 1, cun intercambio organizado polo Departamento de Francés para o alumnado de 3º ESO que cursa a materia de Francés como segunda lingua estranxeira. 

     • Acreditación lingüística.

No actual curso escolar, o centro volve participar nas organización de probas de acreditación lingüística. 

Estas probas teñen como obxectivo acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado nos niveis B1, B2 ou C1 descritos no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa.

Distribuir contido