![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
ENQUISA PARA O ALUMNADO. PARTICIPACIÓN CIDADÁ DO CONCELLO DE MOAÑA
O Concello de Moaña neste momento está a traballar na avaliación do I Plan de Infancia e Adolescencia do Concello e dando os primeiros pasos na elaboración do novo plan.
Os nenos, nenas e adolescentes interesadas en participar do grupo poden pedir información ou inscribirse directamente na Casa da Mocidade de Moaña
Eles mesmos/as participaron da elaboraron de esta pequena enquisa para a que pedimos máxima difusión entre a comunidade educativa para que poida ser cumprimentada polo maior número posible de alumnos/as do concello. https://forms.gle/6YDyuE9X3ZV8UQaw8
INFORMACIÓN SOBRE OS VALES DE MATERIAL
Os vales de material escolar para o curso 2022-2023 estarán dispoñibles na secretaría do centro a partir do 1 de setembro.
Informamos de que, posto que os vales son nominais, a persoa que os veña recoller ha de ser a mesma que fixo a solicitude.
LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/2023
Poden acceder á listaxe de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2022/2023 no seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/1oHPAx1YlVEfh6FBYbvzgSINrXPJ9XEto/view?usp=sharing
ADAPTACIÓN DOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN, PROMOCIÓN E TITULACIÓN segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-260122-0001_es.pdf) pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.
O noso alumnado STEMBACH facendo prácticas na súa visita á Facultade de Enxeñeria Industrial da semana pasada.
Parabéns ao equipo ganador do campionato de brilé, de 3° ESO B, que hoxe puido gozar do seu premio: un estupendo almorzo na nosa cafetaría, ademais doutros regaliños. Bravo!
O mércores 25 de xaneiro o noso alumnado do Club de Manga asistiu á Xuntanza do IES María Soliño xunto coas representacións dos outros centros do Morrazo e trouxeron unha boa presada de premios! Moitas grazas pola boa organización, viñemos encantados/as!
Hoxe contamos coa presenza no centro de dous profesores de Mozambique, que viñeron coñecer a nosa maneira de traballar nas aulas e a ensinarnos como son as clases no seu lugar de orixe. Este foi o xerme de moitos traballos colaborativos entre as nosas escolas. Um prazer, Susana, Hamilton e Simião, muito obrigad@s!
A semana pasada nun recreo inauguramos a exposición contra a violencia machista "365díasviolenciazero" realizada polo alumnado de Plástica e fixemos entrega dos premios ás curtas gañadoras no certame do 25N. Parabéns, rapazada!
Dentro das actividades de actualización do noso Plan de Autoprotección, tivemos a sorte de contar co poñente Ricardo Olabegoya, nun curso para o profesorado interesantísimo e moi necesario sobre Primeiros Auxilios. Grazas!
O pasado 19 de xaneiro foi un dos días máis importantes do ano para nós, porque puidemos recibir ao alumnado de 6° Primaria dos nosos coles adscritos. Para iso, preparamos unha chea de actividades que vaian axudando a romper o xeo: obradoiro de pegadas de animais co Club de Ciencias; obradoiro de Plástico Máxico coa profe de Plástica; presentación do Club de Manga; demostración do obradoiro de Música ReciclaMUS; xogos e experimentos no Laboratorio de Química e, para coller enerxía, unha merenda fantástica. Á vista está que todos/as o pasamos xenial. No IES As Barxas agardámosvos cos brazos abertos.
Parabéns ás nosas campioas no Campionato Galego absoluto de Taekwondo! Sara Pena (ouro) e Iria Seijo (bronce) pola Escola Patiño, bravas!
A alumna de 2º ESO Aroa Currás, do noso Club de Escritura, vén de obter o primeiro premio no concurso de relatos A Erbeda, da Coruña. Parabéns!
Moitos parabéns a Lucía, Laura e Noel por eses marabillosos relatos de terror!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer