Lingua Galega

TOPONIMIA

UN CURSO MÁIS VISITOUNOS SOLEDAD RÍOS PARA FALARNOS DA ORIXE DOS NOMES DOS LUGARES DO CONCELLO DE MOAÑA. AGRADECÉMOSLLE QUE DE MANEIRA TAN XENEROSA NOS DESVELARA O QUE AGOCHA A TOPONIMIA. A ACTIVIDADE FOI ORGANIZADA POLO EDNL E A PROFE MARGA E PARTICIPOU EN TRES SESIÓNS TODO O ALUMNADO DE 4º ESO

  

MAGOSTO FOLIADA E XOGOS POPULARES

Que luxo ter un grupo de música tradicional como o que nos amenizou durante a celebración do magosto. Dani, Nico, Raul, André e Susana. Moi agradecidos. E tamén a todos os que lle botaron uns bailes.

Ademais os rapaces de Normalización foron monitores dos xogos populares. Grazas á súa organización e traballo puidemos gozar destes brinquedos artesanais durante o magosto. Grazas a Marga por coordinar este evento.

Agradecerlle tamén aos mozos-as de 1º Bach A pola colaboración para preparar e asar as castañas. E por suposto a Henrique sen o cal non poderiamos comer estes froitos de outono.

 

 

ARREPIANTE!

Velaí algunhas fotos dos arrepiantes debuxos que o alumnado de plástica realizou co gallo do Samaín sobre textos de terror da literatura galega. Un proxecto colaborativo de Luz, Biblio e galego

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer