Actividades

CHARLAS "HAI IGUALDADE NO DEPORTE?"

Hoxe xoves 25 tivemos a charla para 4º da ESO sobre a igualdade no deporte, organizada polo noso grupo Incómodxs e rebeldes.

8 M. DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, o alumnado de 1º de Bacharelato fixo esta instalación de mulleres escritoras co seu profesor Denís Vicente. Parabéns!

21 días en Galego

No noso IES comprometémonos co galego nestes 21 días e tamén todo o ano! Aquí vai un vídeo que fixo o noso alumnado para dar conta da súa experiencia:

https://www.youtube.com/watch?v=Ljq9Q6NPrIs

CHARLA DE ANNA R. FIGUEIREDO

O vindeiro mércores 3 de marzo, no Salón de actos, , teremos a charla de Anna R. Figueiredo, profe de Física e Matemáticas e escritora, sobre o seu libro Feminismos, para 2º de Bacharelato.

 

 

OBRADOIRO DE PORTUGUÉS

OPS! Obradoiro de iniciação ao português para o alunado de 1º de Bach em colaboração com o Concello de Moaña este mês, no IES As Barxas!

CHARLA E COLOQUIO SOBRE ESTEREOTIPOS DE XÉNERO

Hoxe, na charla de Incómodxs e rebeldes sobre estereotipos de xénero impartida por Anna R. Figueiredo, organizada polo grupo Incómodxs e rebeldes.

CHARLAS CHRYSALLIS

O próximo xoves comezamos este 2021 con cinco charlas para 3º da ESO, con Soledad e Arán, de Chrysallis! 

CHARLA DE SOLEDAD FERNÁNDEZ, DE CHRYSALLIS

Comezamos o ano con ganas cunha charla sobre transexualidade para 4º da ESO a cargo de Soledad Fernández, da asociación Chrysallis, que resultou ser moi emotiva e interesante. Foi organizada polo grupo Incómodxs e rebeldes. Aí van algunhas fotos:

MIL GRAZAS A XOSÉ MANUEL BUDIÑO!

Veunos visitar Xosé Manuel Budiño para as nosas entrevistas do equipo de Normalización do Instituto e deixounos o seu disco! Mil grazas! 

Saftas.Erasmus+

Audiovisual Barxas

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer