CHARLA DA A.C. NÓS PARA 3º ESO

Enviado por Anónimo o Mér, 05/02/2020 - 14:31

O pasado venres 31 de xaneiro tivemos a sorte de contar cos amigos da Asociación Cultural Nós, que viñeron falarnos da historia de Moaña a través das súas fotos e que nos agasallaron con exemplares do seu último traballo, Historia do entroido en Moaña. Moitas grazas! Manuel Anxo Mendez, Xosé Carlos Villaverde, Xesús Cancelas Franco.