Curso 18-19

2 de outubro. Recibimos aos membros da Asociación Nós que viñeron amosar as fotos antigas do seu catálogo de Moaña e explicaron como mudaron os lugares da contorna e a vida e costumes da xente. Asistiu todo 3º ESO. Actividade promovida polo EDNL en colaboración co programa Moaña Aprende do concello

  

 

 

RECOÑECEMENTO FICBUEU

O sábado 15/9 celebrouse a gala Sección Escolas FICBUEU2018

Durante o acto, presentado por Paco Nogueiras, proxectáronse 10 curtas finalistas e entregáronse os galardóns. "Regala Sorrisos" feita polo alumnado de 1ºBach na aula de Plástica de Luz Beloso recibiu un diploma como finalista na categoría Mellor Curtametraxe de educación. Noraboa para estes moz@s e agradecimentos ás mestras acompañantes

 

 

XORNADA DE ENTREGA DE DIPLOMAS AOS ALUMNOS TITORES DO TEI

 

 

 

Distribuir contido