Curso 18-19

63 alumn@s de As Barxas recibiron a iniciación ao esquí. Agradecémoslle a Alex, a Mar e a Loli que acompañaran esta excursión. Rematada a viaxe á estación de Leitariegos e ao albergue de Villablino velaí unhas fotos da aprendizaxe e do lecer dos rapeces e rapazas de 2º ESO. 

Tendes moitas máis fotos premendo aqui:

(remitirache a un curso da Aula Virtual onde se aloxan as fotos das actividades e terás que meter a clave que che faciliten as titoras)

 

XOIAS E XEOMETRIA

Gozamos deste traballo realizado polos departamentos de Plástica, de Economía e de Matemáticas. Unha boa variedade de xoias creadas nas aulas de Luz e postas á venda polo alumnado de Economía, acompañadas dunha colorida expo de xeometría feita por alumnado de mates.

Día do Amor 

Alumnado de 4º vestidos de trovadores-as entregan o día 15 os rolos de pergaminos coas Cantigas de Amigo aos seus destinatari@s despois de vendelos durante os recreos da semana. Así, repartindo afecto,  recadan cartos para a viaxe de fin de etapa.

 

Distribuir contido