Plástica

ARTEATRO

 

INAUGÚRANSE AS INSTALACIÓNS ARTÍSTICAS REALIZADAS POLO ALUMNADO DE 2º BACH DA AULA DE DEBUXO DA PROFESORA LUZ BELOSO SITUADAS NO RECIBIDOR

AS OBRAS REINTERPRETAN CARTEIS DE PEZAS TEATRAIS REPRESENTADAS NO MORRAZO, OS MÁIS DELES DE DIEGO SEIXO, E MOITAS DELAS DA RECOÑECIDA MARIÁN BAÑOBRE

UN TRABALLO ESPECTACULARRisa

premendo AQUÍ irás á nova do Faro de Vigo

 

EXPO DÍA DA MULLER

EXPO DÍA DA MULLER

Co gallo do día da muller instalouse no recibidor unha exposición artística e reivindicativa realizada por alumnado de plástica da profe Luz Beloso. As imaxes falan por si mesmas e claman conta o Patriarcado e o machismo

EU CRÉOTE!

Imaxes da inauguración da exposición EU CRÉOTE instalada no Recibidor á que acudiron as autoras e autores e as profes Luz e Iria ademais da Alcaldesa e Técnica de Muller do Concello que levaron a paneis a obra artística e escultórica que alumnado de plástica creou o curso pasado

 

Xoias e Xeometria

XOIAS E XEOMETRIA

Gozamos deste traballo realizado polos departamentos de Plástica, de Economía e de Matemáticas. Unha boa variedade de xoias creadas nas aulas de Luz e postas á venda polo alumnado de Economía, acompañadas dunha colorida expo de xeometría feita por alumnado de mates.

IV Festival Internacional de Cine da Non Violencia

O alumnado de plástica de As Barxas interviu o 30 de xaneiro, día da paz, no IV festival internacional de cine da non violencia activa e recibiron a mención especial pola curta "Ariadna quere ser Teseo"

Velaí unha imaxe da intervención e os diplomas

 

Fartxs da violencia machista

 

DEIXA A TÚA MENSAXE XUNTO Á NOSA ÁRBORE INDIGNADA

Boas Festas

Boas Festas

Árbore feita polo alumnado de Plástica de Chema co gallo do nadal. E servizo de postais de Papa Noel e do Apalpador organizado por alumnado 4º ESO

 

CURTAS AS BARXAS NO CICLO: A NOSA CULTURA

O ciclo A Nosa Cultura celébrase no Concello do 12 ao 22 de Decembro organizado pola Agrupación Cultural Nós. O mércores 12 presentáronse curtas realizadas polo alumnado de Plástica do IES As Barxas: "Ou todos ou ningún" 1936. Fortem e Teño medo ás palabras.

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

AS BARXAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A rapazada e traballadores-as d´As Barxas manifestando o seu rexeitamento á violencia de xenero vestidos de negro e simulando as labazadas con maquillaxe

 

VELAÍ O TRAXE QUE LLE FIXERON AO INSTI OS MOZ@S DA COMISIÓN POLA IGUALDADE DE XÉNERO E LGTBI E ALUMNADO DE PLÁSTICA

 

 

 

 

Proxectos coordinados economía + plástica 17/18

2º PREMIO nacional en la V Edición de los Premios GSDInnova por el proyecto "TRANSFORMANDO REALIDADES"
 

Nov 2017, 2º PREMIO nacional en la V Edición de los Premios Nacionales de Innovación educativa de la fundación "GSDInnova "por el proyecto "TRANSFORMANDO REALIDADES" coordinado este curso pasado (2016-2017 )por Luz Beloso e M Jose Soto . Valortouse o fomento da cultura emprendedora e da educación artística a través da creación e xestión dun centro de ARTE onde o alumnado se sitúa no centro dos procesos de aprendizaxe

este mesmo proxecto tamén foi premiado pola PLATAFORMA PROYECTA

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer