Curso 18-19

O alumnado de plástica de As Barxas interviu o 30 de xaneiro, día da paz, no IV festival internacional de cine da non violencia activa e recibiron a mención especial pola curta "Ariadna quere ser Teseo"

Velaí unha imaxe da intervención e os diplomas

 

 MOAÑA: 21 DÍAS EN GALEGO

 
     O día 1 de febreiro comezamos a nosa singradura en Moaña. En As Barxas arrincamos con 148 alumn@s e moita alegría.
     E para o inicio de campaña, tivemos a alcaldesa, Leticia Santos, e ao concelleiro de ensino, Aldán Santamarina

 

 

 

https://youtu.be/gUWCKOY_GzU

PREMENDO NESTA LIGAZÓN ACCEDEREDES AO VIDEO REALIZADO POLO ALUMNADO DO EDNL AS BARXAS PARA CARANVEXO TV CON ENTREVISTA A INTEGRANTES DO GRUPO DE TEATRO E REFLEXÍÓNS SOBRE A CAMPAÑA 21 DÍAS EN GALEGO

 

E SE PREMES NA SEGUINTE LIGAZÓN IRÁS VER CRES EN FANTASMAS? A CURTA REALIZADA POLO EDNL AS BARXAS E PENDURADA NO SEU BLOG: LINGUAQUETRABA

 

https://youtu.be/ihxjZ1yLu4A

 

 

Alumnado de economía dos 1º eso e de 4º C realizou unha saida ao abeiro do Programa Atrévete da Conselleria de Educación ao Circulo de Empresarios de Galicia en Vigo onde fixeron ademais un obradoiro de emprendemento. Despois visitaron a fábrica de biscuits en porriño. Foron coa súa profesora Pilo e acompañadas tamén por Charo e Luz.

 

Distribuir contido