Curso 18-19

Alumnado de 1ESO realizou unha saída ao Auditorio de Vigo onde participou en obradoiros con tangráns, pentaminós e hexamantes, policubos (pentacubos planos e soma), espellos, xogos de estratexia, actividades coa calculadora, resolución de problemas, estatística e ilusións ópticas. Velaí un par de imaxes

 

O 14/3 alumnado de economía de 4º, de Iniciación Á Actividade Emperndedora e Empresarial, e de 2º Bach de Fundamentos da Administración e Xestión asistiron na Biblio a esta  Videoconferencia que tivo por obxecto a o consumo responsable das tecnoloxías e o acceso á rede. A actividade enmarcábase na conmemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

Xornadas de Formación Profesional e Emprego do Morrazo

Os días 13 e 14 de febreiro tivo lugar no Auditorio Municipal de Cangas as Xornadas de Formación Profesional e Emprego do Morrazo organizadas polos Concellos de Bueu, Moaña, Cangas e Vilaboa e os IES Johan Carballeira, Plurilingüe A Paralaia, Rodeira e Maria Soliño. Os nosos alumnos de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato puideron coñecer de primeira man a oferta de Formación Profesional da  comarca do Morrazo.

Distribuir contido