XURXO SOUTO

Pasou polo Insti o Luns 11 ás dúas horas da tarde unha auténtica galerna que non deixou nada en pé. O polifacético Xurxo Souto acudiu xenerosamente para presentar o seu libro da travesía da Chiruca Macallás ao alumnado de 4º ESO e 1º Bach no Salón de Actos, ademais de nos contar moitas historias mariñeiras dos galeg@s polos caladoiros do mundo e de cantar e tocar música e a famosa corna

MEDRE O MAR!

Ademais premendo aquí irás á noticia no Faro de Vigo