![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Este ano quedamos segundos no premio a Mellor Xornalista Xuvenil de Bacharelato e FP co noso querido xa ex alumno de 2º de Bacharelato no IES As Barxas Álex Rodríguez! Moitos parabéns!
O venres 29 de marzo visitounos o escritor Fernando Lalana. Na súa charla o autor respondeu ás preguntas do alumnado de 2º de ESO sobre as novelas policiacas El último muerto y La tuneladora, lecturas propostas en Lingua castelá.
Fernando Lalana non só resolveu as dúbidas sobre aspectos concretos da súa obra ou a súa biografía senón que, aproveitando as cuestións propostas polos alumnos, trasmitiunos a súa visión da literatura xuvenil e da creación literaria en xeral, con profundidade e o seu sentido do humor habitual.
O remate da charla dedicou e firmou exemplares das súas obras.
Deixamos testemuña gráfica da saida ao cinema que o alumnado de Lingua castelán realizou a Vigo no primeiro trimestre para visionar un film do que previamente leran o libro: CON AMOR, SIMON
Isabel Gómez Fernández (XD)
Denís Vicente
Yago Puy
Lucía Gutiérrez
Esther De Novoa
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer