DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25 |
1º ESO: 27 e 28 de xuño 2º ESO: 5 de xullo 3º ESO: 4 de xullo 4º ESO: 2 e 3 de xullo 1º BACH: 1 e 2 de xullo |
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14. |
REPORTAXE SOBRE IGUALDADE EN LINGUA CASTELÁ
O alumnado de 2°ESO leva traballando moi duro durante as clases de Lingua Castelá co profe Xacobe López elaborando unha completa reportaxe para o concurso de La Voz de Galicia sobre a igualdade no estado español. Para iso, realizaron entrevistas á Secretaria de Estado de Igualdade, Ángela Rodríguez; á primeira galega en denunciar publicamente ser vítima de malos tratos, Digna Edita del Río; e ao doutor de Medicina de Familia José Gestido. Moitos parabéns polo voso esforzo! As fotos son de Xoán Carlos Gil.