Skip to Content

Avisos

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO: MODIFICACIÓN DE DATAS.

O alumnado deberá devolver os libros de texto ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o vindeiro curso, nos días e horas indicados, agás o alumnado que teña que examinarse en setembro, que poderá quedar co libro da materia pendente ata realizar as probas.

O calendario establecido foi modificado: hai un CAMBIO DE DATAS porque o 24 de xuño é festivo e o instituto permanecerá pechado. Velaquí o CALENDARIO ACTUALIZADO:

1º de ESO, luns 22 de xuño.

  • A: 10:00 - 11:00 h.
  • B: 11:00-12:00 h.
  • C: 12:00 - 13:00.

2º de ESO, martes 23 de xuño.

  • A: 10:00 - 11:00 h.
  • B: 11:00-12:00 h.
  • C: 12:00 - 13:00.

3º de ESO, xoves 25 de xuño.

  • A: 10:00 - 11:00 h.
  • B: 11:00-12:00 h.
  • C: 12:00 - 13:00.

4º de ESO, venres 26 de xuño.

  • A: 10:00 - 11:00 h.
  • B: 11:00-12:00 h.
  • C: 12:00 - 13:00.

Asemade, lembrade que o prazo para solicitar a participación no fondo solidario para o vindeiro curso 2020-2021 remata o 19 de xuño.

Addendas ás programacións didácticas, curso 2019-2020

Addendas ás programacións didácticas dos Departamentos, elaboradas por causa do estado de alarma declarado pola pandemia da COVID-19, durante o curso 2019-2020. Nelas recóllese a forma de avaliar no terceiro trimestre e no final de curso. 
Para acceder aos documentos requírese o seguinte contrasinal: addendas.

 

Reunión informativa do profesorado

Con motivo do anuncio feito pola CEUFP do reinicio das clases presenciais voluntarias para segundo de Bacharelato (e Ad) e segundo de ciclos FP Grado Medio e Superior e 2º FP Básica, convócase unha reunión informativa do profesorado de 2º Bacharelato que terá lugar o luns 25 de maio de 10:30h a 11.30h no salón de actos do centro e que terá como obxecto informar dos aspectos prácticos e organizativos cara ao reinicio das clases presenciais no IES A Sangriña para os ditos cursos  . 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa se pode solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto (préstamo de libros) e axudas para material escolar (vales de material) para o alumnado de ESO.

As solicitudes están dispoñibles en conserxería e, unha vez cubertas, debedes presentalas coa documentación necesaria na secretaría do centro. Tamén poderán presentarse por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES:

Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020.

Restablecemento dos procesos de admisión

RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO EN CENTROS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2020-2021.

De acordo coa Resolución do 5 de maio de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que dispón o restablecemento do procedemento de admisión do alumnado de educación secundaria e bacharelato en centros públicos para o curso 2020-21 o IES A Sangriña INFORMA:

1. Para alumnado de centros NON adscritos ao IES A Sangriña: 

  • Prazo de presentación de SOLICITUDES DE ADMISIÓN: do 11 ao 18 de maio.
  • SECRETARÍA do IES A Sangriña
  • HORARIO: de 9:30 a 12:30 horas. 

2. Entrega de Prematrículas curso 2020-21 para alumnado do IES A Sangriña: 

  • Prazo de entrega IMPRESOS PREMATRÍCULAS: do 11 ao 18 de maio.
  • CONSERXERÍA do IES A Sangriña.
  • HORARIO. De 9:30 a 12:30 horas.

3. O período de formalización da matrícula para ESO e Bacharelato será do 1 ao 10 de xullo. O centro informará do calendario para a matriculación dos distintos grupos dentro do devandito período.

Os impresos de prematrícula están dispoñibles nos documentos adxuntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut