Skip to Content

Avisos

Entrega de notas de setembro, libros e CCP

Avisos varios de setembro:

Entrega de notas de setembro: realizarase por vía telemática (Abalar e correo electrónico) o xoves, 3 de setembro pola tarde.

Devolución de libros de texto das matérias pendentes para setembro (libros da Xunta e da ANPA): venres 4 de setembro no seguinte horario:

  • 10:00 - 10:45 1º ESO
  • 10:45 - 11:30 2º ESO
  • 11:30 - 12:15 3º ESO
  • 12:15 - 13.00 4º ESO

CCP e claustro: Próxima convocatoria de CCP (e posterior reunión dos departamentos para a elección de horarios individuais) en data pendente de confirmación que comunicaremos en canto nos sexa posible.

Fondo solidario: listaxes provisionais.

Estimadas familias:

Xa tedes á vosa disposición no taboleiro que está na entrada do instituto as LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS, con indicación da causa de exclusión (por estar presentadas fóra de prazo, por falta de documentación, por falta de devolución dos libros de texto,...). Estas listas son PROVISIONAIS, polo que poden sufrir modificacións en setembro Tamén podedes recoller na conserxería do centro os VALES DE MATERIAL do alumnado que promocionou en xuño. Para calquera dúbida ou aclaración contactade coa Vicedirección do centro.

 

Prazos e instrucións para a matrícula.

Este ano, dadas as circunstancias, por motivos de seguridade establecéronse quendas para realizar a matrícula no instituto. Podedes consultar toda a información sobre as quendas e a documentación que presentar nos arquivos adxuntos.
Os impresos pódense recoller na conserxería do centro a partir do vindeiro martes.

Calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual.

Publicado o calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual para o curso 2020/2021.

Listaxes de alumnado admitido

Está publicada no instituto a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2020/2021.

Distribuir contido


by Dr. Radut