Skip to Content

Avisos

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

Está aberto o prazo para participar na convocatoria dos premios extraordinarios de Bacharelato para o curso 2022-2023 da Xunta de Galicia. 

Poden optar a eles o alumnado que teña unha nota media igual ou superior a 8,75.

Concederanse vinte premios de 1.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o día 25 de maio de 2023.

Máis info en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1541

Tramitación na sede virtual: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=ED311A

 

OBRADOIRO DE TÉCNICAS BÁSICAS DE PRIMEIROS AUXILIOS


Obradoiro sobre técnicas básicas de primeiros auxilios: cadena de supervivencia, RCP básica, uso do desfibrilador e actuación ante obstrucción de vía aérea, impartido por José Palacios Aguilar
(coordinador do Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo, profesor titular da Universidade da Coruña, creador e coordinador do Grupo Internacional de Actividades de Prevención e Socorrismo, doctor e licenciado en Educación Física, presidente da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor).

LUGAR: IES A Sangriña.

DÍA: 8 de maio.

DURACIÓN: 2 horas.

HORARIO: 18:00 – 20:00

DIRIXIDO AO PROFESORADO DO IES A SANGRIÑA E ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DO CENTRO.

AFORO LIMITADO: 30 persoas.

PROCEDEMENTO PARA ASISITIR AO CURSO: anotar nome e teléfono nunha listaxe que hai para tal efecto en conserxería.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

FOLGA DE TRANSPORTE. DÍA 31 DE MARZO

Informamos que con motivo da folga convocada para o día 31 de marzo de 2023 que afecta ao transporte escolar  no DOG do 30 de marzo saen publicados os servizos mínimos (achégase á presente pdf coa Orde de servizos mínimos para transporte escolar dependente da Consellería de Educación).

Non se pode garantir o cumplimento dos devanditos servizos mínimos, circunstancia que dende esta dirección facemos chegar ás familias para que teñan en consideración o particular á hora de planificar o transporte do alumnado mañá 31 de marzo.

 A Dirección. 

Distribuir contido


by Dr. Radut