Skip to Content

Noticias

CLUB DE LECTURA

A ECONOMÍA DA CONTORNA

Complementando os contidos da materia co coñecemento da actividade empresarial das empresas da contorna, o día 20 de setembro os alumnos e alumnas de Economía de 1º de Bacharelato, asistidos pola Coordinadora de Enoturismo de Terras Gauda, Begoña Santamaría, observaron os traballos de vendimia nos viñedos de uva caíño branco. Posteriormente tiveron a oportunidade de visitar as instalacións da bodega no Rosal, onde nos explicaron en detalle o proceso produtivo, as actividades de I+D+i e as prácticas de economía circular que empregan na bodega. Grazas a Terras Gauda por dedicarnos o seu tempo e recibirnos con tanta amabilidade.

BENVIDOS/AS A UN NOVO CURSO ESCOLAR 2022-2023!

Estimadas familias

Iniciamos un novo curso escolar. Manterémosvos informados a través da páxina web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/iesasangrina/. Para calquera dúbida podedes contactar con nós no teléfono 886110060.

Un saúdo,

A Dirección

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022 - 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut