Skip to Content

Noticias

Centro Residencial Docente de Vigo. Convocatoria Residentes 2023/2024

Centro Residencial Docente de Vigo

O Centro Residencial Docente de Vigo é un centro educativo para que os estudantes de ensino secundario ou ciclos formativos que teñan a súa residencia habitual lonxe desta localidade (VIGO) poidan cursar os seus estudos e, excepcionalmente, tamén para o alumnado universitario. O nóso Centro está situado na estrada de Madrid, no alto do monte Meixoeiro, xunto ao Complexo hospitalario do mesmo nome, e circundado polos centros escolares CIFP Manuel Antonio (compartimos recinto, instalacións e servizos), o IES Carlos Casares, o IES Ricardo Mella, e o CIFP Valentín Paz Andrade. Varias liñas de transporte urbano permiten a súa comunicación coa cidade.

O NÚMERO DE PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 23/24 NO CRD DE VIGO É DE 111 PRAZAS.

Consulta aquí toda a información.

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico

Premios ESO

Os Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico van dirixidos ao alumnado que finalizase os estudos de educación secundaria obrigatoria neste curso nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de solicitude é do 07/06/2024 ás 00:00 ao 08/07/2024 ás 23:59.

Poderá optar aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Ter cursado durante o ano académico 2023/24 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente nela.
  2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
  3. Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. A nota media calcularase de acordo co establecido no artigo 29.2 da Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 183, do 26 de setembro).

Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Para consultar a información completa e facer a solicitude, podes premer aquí.

Somos finalistas do concurso «Empresa familiar nas aulas»

Premios_AGEF_IES A Sangriña

O noso alumnado de Economía de 1º de Bacharelato acudiu a Santiago de Compostela para recibir o recoñecemento á súa participación no concurso «Empresa familiar nas aulas», do que foron finalistas.

«Empresa familiar nas aulas», organizado pola Asociación Galega de Empresa Familiar (AGEF) e Afundación, ten como obxectivo fomentar o espírito emprendedor da mocidade galega. Nesta cuarta edición, ademais das charlas de 18 empresarios en centros educativos e as visitas dos estudantes ás compañías familiares participantes, o programa incluíu un taller práctico de economía circular. Os IES Xoán Montes e Félix Muriel gañaron o concurso con proxectos de emprendemento sostible.

Roteiro xeométrico pola vila da Guarda

Roteiro xeométrico pola vila da Guarda

O alumnado de 3º de ESO do IES A Sangriña realizou un roteiro xeométrico pola vila da Guarda. Esta actividade foi organizada polo departamento de Física e Química.

De maneira práctica, os e as estudantes puideron facer exercicios lúdicos e ao aire libre de xeometría, parte das matemáticas que estuda o espazo e as formas e figuras que poden ocupalo.

Distribuir contido


by Dr. Radut