Skip to Content

Noticias

Visitamos o Centro Domajó

Centro Domajó  IES A Sangriña

Os nosos alumnos visitaron o Centro Domajó. Alí puideron gozar de distintas propostas de adestramento na sala de Fitness e do adestramento funcional coa versátil pelota de Fitball.

Domajó é un centro deportivo especializado en; pilates, ximnasia correctiva, rehabilitación, aeróbic, fisioterapia, psicoloxía, fitness e musculación.

Para máis información podes consultar o seu Facebook aquí.

1º de ESO organiza un show benéfico para A Illa de Tali

A ILLA DE TALI IES A SANGRIÑA

O alumnado de 1º de ESO do IES A Sangriña está a organizar un show benéfico para conseguir fondos para axudar á Illa de Tali, un refuxio interespecie que ten como obxectivo o rescate, a rehabilitación e a adopción de animais, salvando todo tipo de vidas para darlles a segunda oportunidade que sempre mereceron despois de ser abandonados e/ou maltratados, coñecendo de diferentes xeitos a crueldade humana.

O show benéfico estrutúrase en volta dunha actuación musical que se vai celebrar o próximo 21 de xuño e para a que o alumnado está a vender entradas coa finalidade de conseguir diñeiro para conseguir financiar este refuxio interespecie.

Como parte deste proxecto, o noso alumnado visitou as instalacións da Illa de Tali e vivindo unha experiencia emocionante, consciente e moi amorosa e divertida.

Podes ver o álbum de fotos da excursión aquí.

Aquí podes saber máis sobre A Illa de Tali.

Imos de roteiro ao Monte Trega!!!

Roteiro Monte Santa Trega IES A Sangriña

O pasado venres 24 de maio, o noso alumnado de 3º de ESO realizou un roteiro ata o cumio do Monte de Santa Trega organizado polo Departamento de Inglés. 

A profesora Tessa Thomson, de Seattle, contou coas mellores guías turísticas. Foron as nosas  alumnas as que lle amosaron e explicaron en inglés temas de tanto interes como a historia castrexa, a desembocadura do Miño, a fronteira con Portugal ou as Festas do Monte.

Pasámolo xenial!!

Aquí podedes ver algunhas fotografías máis da xornada

Selección de centros e alumnado para o programa EduMob

Edumob Sangriña

A Consellería de Educación vén de publicar información sobre a selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado. 

Achégase Resolución do 23 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2024/2025.

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o día seguinte da súa publicación ata o 8 de xuño de 2024.

A solicitude realizarase a traves da sede electrónica da Xunta de Galicia

Distribuir contido


by Dr. Radut