Skip to Content

Contratos Programa

Programa de Orientación, Apoio e Excelencia

O grupo de 4º ESO investiga na Universidade de Vigo

O alumnado de 4º ESO participante no proxecto "MAR DE COÑECEMENTO" desenvolveu unha xornada de traballo no laboratorio de sedimentoloxía do Profesor Dr. Miguel Nombela da Facultade de Ciencias do Mar e Bioloxía. O proxecto, froito da colaboración do IES A Sangriña co Campus do Mar, desenvólvese dentro dos contratos programa.

Os alumnos e alumnas afondaron na caracterización dos sedimentos das praias de Lamiña, Puntal-Muíño e Area Grande. Os estudos realizados centráronse en tres actividades:

1.- Análise granulométrico mediante peneirado por vía seca

2.- Calcimetría mediante valoración gasométrica

3.- Determinación dos constituintes dos sedimentos mediante estimación visual á lupa binocular.

Visita o BLOG

Actuación de Fran Rei e Pedro Brandariz (CULTURACTIVA)

Este venres, 20 de abril, ás doce e media da mañá, Fran Rei e Pedro Brandariz da compañía Os Sete Magníficos mais Un, representarán no IES A Sangriña a obra "Dous pallasos en apuros" . Este traballo dos dous famosos clowns de Culturactiva, que vén presentado polo éxito colleitado en numerosas representacións, será ofrecido solidariamente por Fran e Pedro como agasallo ao alumnado do colexio San Xerome Emiliani, que leva anos desenvolvendo un extraordinario labor de creación e comunicación por medio do teatro.
No mes de febreiro, Fran Rei ofreceu un curso de formación teatral no IES A Sangriña para alumnado do grupo de teatro do instituto e alumnado do Colexio San Xerome e do CEIP A Sangriña. Estes centros participan conxuntamente nun proxecto europeo (Comenius Regio) que promove a integración, neste marco incluíuse este curso, como unha máis das numerosas actividades compartidas. A experiencia foi enormemente satisfactoria para o alumnado participante e para o profesor que dirixiu o curso.

Educación emocional para pais e nais de adolescentes

14/03/2012 11:22
17/03/2012 11:22
Etc/GMT+2

O IES A Sangriña, ofrece en colaboración co CIM e o Programa de Educación Familiar do Concello un curso práctico  para pais e nais de adolescentes. Esta actividade forma parte do proxecto de Contratos Programa na liña de Colaboración coas Familias, que se desenvolve ao longo deste curso no instituto.

Neste obradoiro dirixido a nais e pais de adolescentes abórdase dun xeito experiencial o que supón a nivel emocional ter un fillo adolescente. Dende unha perspectiva gestáltica e humanista, a través de exercicios corporais e diversas actividades os pais e nais poden chegar a unha maior comprensión deles mesmos e, como consecuencia, a unha maior comprensión  dos seus fillos e fillas, sempre coa conciencia de que eles tamén foron adolescentes. 

Poderán participar neste obradoiro pais e nais de alumnado de calquera centro educativo da Guarda. Desde a organización, convidámosvos a aproveitar esta oportunidade que xa vén precedida polo éxito dos obradoiros celebrados con anterioridade tamén a cargo de Esperanza Domínguez e de Esteban Figueirido.

Os alumnos e alumnas participantes no proxecto "Mar de coñecemento" continúan co estudo do mar

O alumnado participante no proxecto "Mar de coñecemento" desenvolveu unha intensa xornada de estudo de varios aspectos relacionados co mar.

Consulta o Blog do proxecto. 

O alumnado de 1º de ESO diseccionou un polbo. esta especie de cefalópodo é a mais vendida na lonxa de A Guarda o que pon de relevo a importancia do seu estudo. Na disección puideron ver a organización interna dos seus órganos como as branquias, corazón, cerebro, aparello dixestivo e gónadas.

Distribuir contido


by Dr. Radut