Skip to Content

Contratos Programa

Programa de Orientación, Apoio e Excelencia

Obradoiro de formación en técnicas de teatro no IES A Sangriña

xogo teatral cartaz

Os días 8, 9 e 10 de abril de 2011 ofreceremos no instituto un obradoiro de formación en técnicas de teatro. Os seus contidos abordarán o xogo teatral e o clown. O profesor será Fran Rei, membro de Culturactiva e da compañía OS SETE MAGNÍFICOS MAIS UN.
O curso está dirixido ao alumnado do grupo de teatro do IES A Sangriña, mais tamén poderán participar outras persoas interesadas no caso de quedaren prazas dispoñibles. Pódese recoller a ficha de inscrición na conserxería do instituto.

Obradoiro: Pais e nais eficaces

O día 14 de febreiro ás oito e media da tarde, no CIM do Concello d’A Guarda celébrarase a primeira sesión do obradoiro PAIS E NAIS EFICACES. Organizarase en dúas partes. A primeira abordará técnicas para a capacitación persoal e a solución de conflitos. A segunda centrarase na procura do equilibrio para marcar desde o cariño, mais con firmeza, os límites necesarios aos fillos e fillas.

Continuamos a liña de traballo iniciada o curso pasado grazas á colaboración entre o IES A Sangriña, que participa no programa PROA na liña de colaboración coas familias, e o Concello, a través dos servizos de Educación Familiar, CIM e OMIX.

Tamén seguimos contando coa valiosa participación dos psicólogos, especialistas en terapia familiar e adolescentes, ESTEBAN FIGUEIRIDO e ESPERANZA DOMÍNGUEZ, que se encargarán de traballar a nivel práctico cos pais e nais que queiran participar.

Esta actividade ofrécese de maneira totalmente gratuita a todos os pais e nais de alumnado dos distintos centros educativos da vila d’A Guarda.

A organización convida e anima a asistir a esta actividade a todos os pais e nais que o desexen. Como profesionais de diversos campos da formación asegurámoslles que esta é unha oportunidade excelente de obter valiosos recursos para mellorar a comunicación cos fillos e fillas

As persoas interesadas poden inscribirse no CIM, na OMIX, no Departamento de Educación Familiar do Concello e tamén no IES A Sangriña.

 

Curso de informática para pais e nais

Curso: Ter éxito no estudio impartido por Eva Gándara

Distribuir contido


by Dr. Radut