Skip to Content

Contratos Programa

Programa de Orientación, Apoio e Excelencia

OBRADOIROS PARA A ELABORACIÓN DUNHA POMADA

Boa parte do alumnado de 4º participou este trimestre nun obradoiro para a elaboración de pomadas e durante unhas horas o noso ximnasio converteuse nunha intersante botica, como podedes ver nas fotografías.  

Esta actividade foi organizada no ámbito dos CONTRATOS-PROGRAMA (liña INNOVA: ámbito de Educación para a Saúde).

PORNO(N) EDUCAR, OBRADOIRO DE EDUCACIÓN SEXUAL

Durante o mes de marzo as sexólogas do Gabinete Con Mucho Gusto (Centro de Sexoloxía de Martina González Veiga) levaron a cabo un obradoiro de educación sexual nas aulas de 4º de ESO e de 1º dos Ciclos Medios. Esta formación desenvólvese dentro do ámbito dos Contratos-Programa, na liña Inclúe.

Educación emocional, os perigos das redes ou un roteiro botánico: as actividades complementarias de finais de marzo

Ao longo da semana pasada, o alumnado de 1º de ESO e o alumnado de 1º de FPB participaron nun obradoiro de educación emocional impartido pola psicóloga Carina Alonso Crespo, organizado dentro dos Contratos-Programa, na liña Inclúe, no ámbito Educación Emocional.

O xoves, a profesora de Dereito Penal da Universidade de Vigo Marta García Mosquera faloulle a boa parte do alumnado de 1º de Bacharelato sobre “Os delitos que se agochan nas redes sociais”.

O venres, o alumnado de 4º de ESO realizou un roteiro de plantas silvestres da contorna da Sangriña, guiado por César Lema, doutor en Bioloxía, organizado polo Departamento de Bioloxía no ámbito dos Contratos-Programa na liña INNOVA: ámbito de Educación para a Saúde.

ADICCIÓN AO XOGO

No ámbito dos Contratos programa, na liña INCLÚE, educación emocional, púidose organizar un ano máis un ciclo de charlas para 4º de ESO, 2º de FPB e 2º de CMXA, a cargo do psicólogo Antonio Tova de Llano, que moi xenerosamente nos fai chegar a seguinte reseña:

 «El pasado viernes 4 de febrero acudí al IES A Sangriña para dar unas charlas sobre “adicción ao xogo”, por segundo año consecutivo, dirigido al alumnado de 4º de la ESO. Es un placer encontrarse a un auditorio tan receptivo y colaborador. El tema es del máximo interés y se notó en las dudas que planteaban y los puntos de vista que ofrecían. En muchos casos resolvimos malentendidos y falsos mitos que rondan sobre esta adicción y los peligros que implica, sobre todo en una población joven y vulnerable como son los estudiantes de estas edades. Quiero agradecer, otro año más, la confianza que me dan desde el Instituto y la amabilidad con que me reciben siempre.

Un fuerte abrazo,

Antonio Tova de Llano, psicólogo.»

Distribuir contido


by Dr. Radut