Skip to Content

Contratos Programa

Programa de Orientación, Apoio e Excelencia

Pais e nais eficaces

O IES A Sangriña organiza o obradoiro "Pais e nais eficaces" orientado á solución de conflictos na infancia e adolescencia, que desenvolverá o psicólogo Esteban Figueirido.

 As datas do obradoiro serán  os luns 2, 9, 16, 23 e 30 de maio e o 6 de xuño, de 20:15 a 21:45 no CIM.

Podes incribirte no IES A Sangriña ou no CIM ata o 27 de abril, entregando o documento de inscripción que podes descargar no ficheiro adxunto. 

Alumnado de 4º ESO investiga na Universidade de Vigo

Un grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO A acudiu o pasado mércores 10 de febreiro aos laboratorios de Xeoloxía da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo para realizar unha análise de sedimentos da desembocadura do río Miño.

O traballo de investigación centrouse na análise granulométrica de mostras de sedimentos recollidos na praia de A Lamiña mediante un proceso de tamizaxe en seco. Así mesmo, realizouse unha determinación do contido en carbonato de calcio, o cal é indicativo da actividade biolóxica no areal.

Nos últimos anos o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía vén desenvolvendo este tipo de traballos ao longo dunha ampla marxe da desembocadura do río Miño e este ano o alumnado presentará os resultados dos seus traballos ao Premio Luís Freire, convocado polos museos coruñeses. Concurrirán tamén a este certame científico outros dous traballos que teñen por obxectivo actualizar a pegada ecolóxica do centro e a influencia das fases lunares nos nacementos.

Podes ver máis información consultando o BLOG de Contratos Programa

O proxecto "estudo xenético e ecolóxico do caracol Cepaea nemoralis (L)" preséntase no XVIII congreso da ENCIGA

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía presentou o proxecto "Estudo xenético e ecolóxico do caracol Cepaea nemoralis (L)" no XVIII congreso da ENCIGA, celebrado en Sarria (Lugo) os días 19, 20 e 21 de novembro.

Podes consultar máis información no blog de contratos programa 

Escola de familias

O día 18 de maio comeza no CIM a Escola de Familias organizada polo IES A Sangriña.

Coma nos cursos anteriores desde o IES A Sangriña ofrecémoslles ás familias do noso alumnado e tamén dos outros centros educativos do Concello a posibilidade de participar no obradoiro PAIS E NAIS EFICACES, dirixido polo psicólogo Esteban Figueirido.
Os excelentes resultados das anteriores convocatorias anímannos a seguir ofrecendo esta oportunidade formativa para as familias interesadas en adquirir recursos para resolver con eficacia os problemas que se lle poden presentar en relación coa educación dos seus fillos e fillas.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse no instituto ou no CIM do Concello.

Podes descargar a ficha de inscrición e o cartel nos seguintes enlaces. 

Distribuir contido


by Dr. Radut