Skip to Content

Normalización Lingüística

Haikus, haigas e marcapáxinas.

02/06/2017 10:00
Etc/GMT+1

Normalización Lingüística fará mañá entrega dos premios dos dous concursos que se lanzaron durante este curso 2016-2017, a saber:

Concurso de haikus e haigas pola paz, Bacharelato: ganadora Alicia Alonso González, de 1º de Bac. C.

Concurso de haikus e haigas pola paz, ESO: ganadoras Jeanette Conde González e María Teresa Crespo Cruz, de 4º de ESO A.

Concurso de marcapáxinas Carlos Casares: ganadora Silvia Álvarez Vicente, de 1º de ESO A.

 

 

Mañá, venres 2 de xuño, farase entrega dos premios durante o Concerto de fin de curso, organizado polo Departamento de Música, e que terá lugar no salón de actos. 

Visita cultural a Ourense, homenaxe a Carlos Casares, autor das Letras 2017

10/05/2017 08:00
10/05/2017 08:20
Etc/GMT+1
Grupo
Un grupo de cincuenta alumnos e alumnas pertencentes a 4º de ESO e 1º de Bcaharelato viaxaron o mércores, 10 de maio, a Ourense co gallo de resaltar a figura de Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2017.
Acompañados polos docentes María José Guerra, Denis Vicente e Neves Rodríguez, realizaron en primeiro lugar un roteiro literario pola cidade auriense. Neste percorrido, guiados por un experto do Concello, puideron escoitar importantes referencias e anécdotas en torno a grandes autores de Ourense: Otero Pedrayo, Vicente Risco, Blanco Amor, Méndez Ferrín e, por suposto, Carlos Casares, de quen visitaron, ademais, a exposición sita na Rúa do Paseo.
Rematado o roteiro, o Centro de Interpretación das Burgas foi a seguinte e última parada na cidade. Logo puideron comer ao aire libre e gozar dun baño nas Termas de Outariz, para finalizar esta interesante viaxe cultural en Trasalba, coa visita da fermosa casa familiar de Otero Pedrayo.

Día da muller (reportaxe)

08/03/2017 08:20
Etc/GMT+1
O pasado 8 de marzo, Día da Muller, o IES A Sangriña sumouse ao paro internacional das mulleres: vestindo roupa de cor negra, solidarizándonos con todas as mulleres que sofren violencia machista, e facendo unha cadea humana, como símbolo de unidade fronte a estes ataques diarios aos nosos dereitos.

A tropa de trapo

03/03/2017 10:15
03/03/2017 12:00
Etc/GMT+1

O pasado 3 de marzo, o noso alumnado de 1º e 2º de ESO puido gozar dunha moi amena sesión de música e contacontos protagonizada por A tropa de trapo, que presentou "A hora azul". Con este espectáculo, os contacontos profesionais Brais e Marta - chegados desde Cangas - renden homenaxe ás mulleres, á emigración e ao realismo máxico de Galicia, acompañados do son da guitarra portuguesa, do laúde árabe, da darbouka, do caixón flamenco e das Karkaba. A continuación desta sesión, o alumnado de 1º de ESO asistiu a un obradoiro, impartido por Brais e Marta, a través do cal puideron afondar no marabilloso oficio de contar contos.

Distribuir contido


by Dr. Radut