Skip to Content

Normalización Lingüística

Lumes nunca máis!

O alumnado do IES A Sangriña solidarízase cos afectados e afectadas polos lumes, coas familias dos falecidos e das ducias de familias que perderon a súa casa en todo o país. Tamén con todo o pobo galego, nesta catástrofe medioambiental. #lumesnuncamais #queimangalicia
  

Concerto de fin de curso

02/06/2017 12:20
Etc/GMT+1

O pasado 2 de xuño o alumnado de 2º e 3º de ESO e mais o de 1 de Bacharelato ofreceron un bonito concerto de peche de curso. Tivemos a oportunidade de gozar dun variado repertorio que abragueu danzas, bandas sonoras, arranxos de música popular española, clásicos de jazz ou música pop.

Podedes ver os vídeos do concerto aquí e aquí

O Departamento de Música quere agradecer a participación a todo o profesorado que colaborou no evento, así como felicitar o alumnado que, coma sempre, é quen dá sentido a todo isto.

Semana do libro. Homenaxe a Agustín Fernández Paz

23/04/2017 10:00
Etc/GMT+1

 

O día 23 de abril foi o Día do Libro. Nós quixemos dedicarlle a esta importante celebracióntoda unha semana, e foi a última semana do mes de abril a que escollemos no noso centro.
Por este motivo e co desexo de introducir a actividade de lectura continuada dun libro durante dúas horas de clase, quixemos facer unha homenaxe ao escritor Agustín Fernández Paz, un dos autores máis lidos en todos os centros de ensino do país, tristemente desaparecido no pasado verán.

Levamos a Biblioteca para o vestíbulo: nunha mesa dispuxemos os libros do autor que o noso alumnado le ano tras ano; colocamos arredor paneis con murais realizados por alumnas e alumnos de 1º ESO, e outros feitos desde a Biblioteca con información e imaxes sobre o autor e as súas obras. Logo, animamos ao alumnado de 1º ESO a ler alí e a escoitar, durante dúas horas continuadas, diversos relatos dos libros Contos por palabras e Rapazas.


“Todas as historias se tecen cos fíos da vida”

Logotipo

Distribuir contido


by Dr. Radut