Skip to Content

Normalización Lingüística

O IES A Sangriña en negro

Magosto 2019

O próximo venres día 22 de novembro, en colaboración coa ANPA, celebraremos o magosto coa xa tradicional festa que se realiza cada ano no noso instituto. Como vén sendo habitual, o equipo de automoción encargarase de asar un montón de castañas, organizaremos xogos populares para nos divertir e a festa será amenizada con música tradicional. Acabaremos de maneira moi doce con postres para a xente máis larpeira.

Reunión do alumnado do EDLG

As alumnas e alumnos do Equipo de Normalización da Lingua Galega do IES A Sangriña están convocados para a primeira xuntanza do ano. A reunión celebrarase durante o segundo recreo do próximo martes, 19 de novembro, na aula 3. Nesta reunión presentarase o PROXECTO SOMOS, que organizará conmemoracións, murais, exposicións, concursos, intervencións nas redes sociais, edición de libros, unha radio escolar, certames literarios... Participa!

En Negro Contras as Violencias

Comezamos no IES A Sangriña as actividades encamiñadas a preparar o 25 N, día contra as violencias machistas. Entre outras iniciativas, unirémonos á campaña “En Negro Contras as Violencias”, que é unha acción colectiva contra as violencias machistas que xorde no 2015 en Santiago de Compostela e que, ano tras ano, implica a máis e máis xente.

A continuación publicamos os carteis que promoven esta iniciativa e que indican como participará na mesma o noso alumnado. Desde o IES A Sangriña queremos que todo o mundo saiba que estamos en contra da violencia de xénero. Un mundo onde se maltrata ás mulleres non é o mundo que queremos.

(Podedes descargar as instrucións no adxunto)

Distribuir contido


by Dr. Radut