Skip to Content

Normalización Lingüística

Concurso de ilustración para o 25 de novembro de 2018

Co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero, a Bibliotrega, o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega e Igualdade e Convivencia do IES A Sangriña convocan de xeito conxunto un concurso de ilustración, co obxectivo de converter os deseños ganadores en adhesivos que se repartirán posteriormente entre toda a comunidade educativa.

A continuación deixámosvos as bases deste concurso e animámosvos a todas e todos a participar!

 

8M

Preparando desde o Equipo de Normalización Lingüística e Igualdade o 8M!
 
 
 

Celebración Día de Rosalía

23/02/2018 10:05
23/02/2018 12:20
Etc/GMT+1

Hoxe 24 de febreiro celebramos en toda Galicia o Día de Rosalía, e para honrar e homenaxear á nosa poeta nacional, a máis célebre escritora en lingua galega, o equipo da Biblioteca, o de Normalización Lingüística e a Comisión de Igualdade prepararon onte, venres día 23 unhas actividades.

Temos a sorte, todas as galegas e galegos, de termos unha muller como nai da nosa literatura e como figura central da nosa cultura, a nosa referente no mundo, a que nos visibiliza e nos fai entrar no canon da literatura, da cultura e do feminismo universal.

Así, para lembrar o seu pensamento e a súa figura, onte durante os dous recreos repartíronse flores e libros en lingua galega, cedidos pola Universidade de Vigo, para todas as persoas que se quixeron achegar e participar. Ademais, ambientouse o espazo con poemas musicados da nosa poeta, para contribuír a visibilizar a música en galego e a actualidade do pensamento rosaliano.

Despois, no segundo recreo na entrada do instituto leuse o manifesto elaborado nesta ocasión pola poeta María Reimóndez. As persoas encargadas desta lectura foron todas voluntarias do Equipo de Normalización Lingüística.

Finalmente, no panel e no expositor de libros da Biblioteca destacáronse as súas obras máis destacadas, así como a súa biografía e contribución á construción do país.
Todas as actividades desta xornada foron organizadas conxuntamente pola Biblioteca, o Equipo de Normalización Lingüística e a Comisión de Igualdade.

Horario de actividades do mércores 20 de decembro

19/12/2017 12:20
19/12/2017 14:00
Etc/GMT+1

Mércores 20 de decembro

A Sangriña, un espazo de diversidade LGTB.

Salón de actos:

  • 12:20-13:10. 1º e 3º da ESO.
  • 13:10-14:00. 2º e 4º da ESO.

Proxección da curtametraxe brasileira Eu não quero voltar sozinho e debate. Aulas de cada grupo nese horario:

  • 12:20-13:10. 2º e 4º da ESO.
  • 13:10-14:00. 1º e 3º da ESO.
Distribuir contido


by Dr. Radut