Skip to Content

Normalización Lingüística

Ruada por Rosalía

O día 12 de xuño faremos, coma en anos anteriores, a Ruada por Rosalía. Animámosvos a participar na homenaxe á poeta e á lingua galega. Organiza o Centro Social Fuscalho e o Equipo de Normalización Lingüística do instituto.

O IES A Sangriña organiza o IX certame de poesía Xela Arias

Un ano máis, o IES A Sangriña convoca este certame coa finalidade de dar a coñecer a obra da autora homenaxeada e tamén para axudar aos mozos e mozas que comezan o camiño da creación poética en galego.

Xela Arias é a poeta moza, valente, que abre novos camiños na nosa literatura; comprometida co galego e co mundo en que lle tocou vivir. O seu breve paso polo noso instituto, onde foi profesora, deixou afectos e lembranzas que seguen e seguirán vivas. A súa obra e o seu compromiso son tamén exemplo que lle ofrecemos aos  rapaces e rapazas que queiran aceptar o reto de seguir ese camiño.

O certame está dirixido a alumnado de 12 a 20 anos en dúas modalidades con diversos premios. A data límite de presentación é o día 3 de xuño de 2015. No cartel das bases pódese ampliar información. Tamén se poden solicitar información e resolver dúbidas sobre o certame no correo do instituto: ies.sangrina@edu.xunta.es.

Podes descargar as bases do certame no seguinte enlace. 

Teatro no IES A Sangriña

O venres, día 25, ás sete da tarde, teremos a oportunidade de ver a representacion de ROSALÍA, TAN AMIGA. A obra é unha homenaxe a Rosalía de Castro, con textos da propia poeta e de Ana Romaní. Nela, a poesía combínase coa música nunha interesante proposta teatral elaborada e dirixida por Alfredo Rodríguez e interpretada polo alumnado do noso grupo de teatro. Entrada libre.

Rosalía, tan amiga. Reportaxe

21/03/2014 12:20
21/03/2014 14:00
Etc/GMT+1
Distribuir contido


by Dr. Radut