Skip to Content

Normalización Lingüística

VI certame de poesía XELA ARIAS

21/06/2012 20:30
21/06/2012 22:30
Etc/GMT+2
 
De novo, o IES A Sangriña organiza o Certame de Poesía homenaxe á poeta, que foi profesora do instituto, Xela Arias Castaño. O acto literario celebrarase este ano na Libraría Ler da Guarda, o día 21 de xuño ás 20.30 horas.
Este ano contaremos coa escritora e profesora Olivia Pena para lembrar a importancia da poeta, tamén teremos a oportunidade de escoitar algún dos seus poemas acompañados pola música de Alfredo Garrido. Finalmente coñeceremos os poemas gañadores do certame e farase a entrega dos premios aos mozos e mozas poetas.
Desde a Dirección do IES A Sangriña convidámosvos a asisitir a este acto. As persoas que asistan recibirán un "agasallo poético".

Poemas gañadores do VI certame de poesía Xela Arias

O 18 de xuño, o xurado do VI
Certame de poesía Xela Arias acordou outorgar os seguintes premios:

CATEGORÍA A (12 A 15 ANOS):

1º PREMIO: MARCELA PORTO MATO,
alumna do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela.

2º PREMIO: NOELIA REY CANEDA,
alumna do IES de Sanxenxo (Pontevedra).

MENCIÓN ESPECIAL: MARCELA PORTO
MATO

CATEGORÍA B (16 A 20 ANOS):

Día 24, CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN no IES A SANGRIÑA

Celso Fernández Sanmartín

Naceu en Lalín en 1969. É licenciado en Filosofía pola
Universidade de Santiago de Compostela. É escritor e autor de libros de poesía
como Divagacións iú (edición de
autor, 1991), O tigre das cenorias
(edición de autor, 1994), Sen Título
(edición de autor, 1995), Propiamente son
captivo
(Letras de Cal, 1997), Fucsia,
talladas, estampados, boca
(Alvarellos, 2001) e da obra colectiva Letras novas (2008, AELG). Tamén cultiva
outros xéneros como o recentemente publicado Gratas
e Boas Novas
(Alvarellos, 2011), un libro inclasificábel, de
imaxes, de cartas e postais; en resumo, un libro de poesía sen versos.

CONFERENCIA: Como defenderes os teus dereitos lingüísticos

O LUNS, 16 DE ABRIL ÁS CATRO DA TARDE O ESCRITOR CARLOS CALLÓN FALARÁ DO SEU LIBRO COMO DEFENDERES OS TEUS DEREITOS LINGÜÍSTICOS NO IES A SANGRIÑA

Carlos Callón Torres estudou filoloxía galega e portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Colabora en diferentes medios de comunicación e publica numerosos artigos e ensaios de investigación literaria e sociolingüística. Podemos destacar pola súa importancia e alcance os seguintes libros:

* Unha historia que nos pertence: A obra poética en galego de Lorenzo Varela (2005).
* En castellano no hay problema (2010).
* Amigos e sodomitas (premio Vicente Risco de Ciencias Sociais e premio Fervenzas Literarias ao mellor volume de ensaio e investigación do ano 2011).
* Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011, premio Redelibros á mellor obra non literaria en galego dese ano).

Distribuir contido


by Dr. Radut