Skip to Content

Rafting no río Miño

O luns 23 de novembro alumnado de 3º da ESO participou na actividade de rafting organizada polo Departamento de Educación física. Os alumnos disfrutaron dun día en contacto coa naturaleza e co río Miño no seu paso polo concello de Arbo.

Visita ao Grupo PSA Peugeot Citroën. Vigo

O pasado venres 20 de novembro alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas e do Ciclo Medio de Sistemas Informáticos asistiu a Vigo para coñecer a empresa Citroën.

Performance en contra da violencia machista do Grupo de teatro do Falabarato

O venres 13 de novembro na Casa da Cultura da Guarda tipo lugar a seguinte performance do grupo de teatro do IES tamen coñecido como o Falabarato, dentro do mes adicado a evidenciar e loitar contra a violencia machista.

Visita a Santiago: Chocomates e Galicia dixital

Alumnado de 4º ESO e 2º de Bacharelato asistiu a distintas actividades en Santiago o pasado venres día 13 de novembro.


Pola mañá visitaron a exposición interactiva Galicia Dixital no monasterio de San Martín Pinario.


A tarde transcorreu na Facultade de matemáticas da USC cunha proposta de actividades baixo o lema  Chocomates: actuacións e obradoiros en torno ó método científico e as matemáticas aplicadas a vida cotiá. 


Máis información:

www.chocomates.org

 

Distribuir contido


by Dr. Radut